1
Persoa que vai disfrazada con chocas.
2
Boneco que se queima ao acabar o Entroido.
3
Personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín, que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado, do cal destaca a carauta que se prolonga na parte superior nunha mitra de lata adornada con símbolos animais.
4
Po que se obtén ao moer os grans de certos cereais, quitándolles o farelo ou relón. Ingrediente esencial para a elaboración de postres galegos de entroido.
5
Peza de roupa de abrigo, en forma de chaqueta, feita de pel ou tecido groso.
6
Torta de fariña, ovos, azucre, manteiga e outros ingredientes.
7
Doce típico do Entroido, feito cunha masa de fariña, ovos, anís etc., á que se lle dá unha forma parecida á da orella.
8
Doce para a sobremesa que se fai con ovos, leite ou auga e fariña todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira, e ao que se lle pode engadir logo azucre, mel etc.
9
Obxecto que representa unha cara, que utilizan as persoas para cubriren o rostro e así transformaren o seu aspecto.
10
Bebida alcohólica empregada para dar sabor a aqueles doces característicos do entroido.