Connectez-vous
Créer jeu
Types de jeux
Centre d'aide
Game Pin
News
Premium
Créer jeu
Connectez-vous
Tous les jeux
Jouer Mots Roulette
Imprimer Mots Roulette
Os animais invertebrados
Autor :
Nieves Viéitez Rodríguez
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por
A
Aparello interno dos equinodermos consistente nunha rede de canais polos que circula auga e que lles permite moverse.
Comeza por
B
Tipo de simetría presente en todos os invertebrados, agás nos equinodermos e cnidarios.
Comeza por
C
Abultamento que se forma no corpo das lombrigas de terra, que serve para segregar mucosidade e facilitar a cópula nos períodos reproductivos.
Contén
D
Tipo de vermes cilíndricos cuxo corpo non está segmentado.
Comeza por
E
Nome que reciben as pequenas espiñas imbricadas entre sí que forman o esqueleto das esponxas.
Contén
F
Tendencia que teñen moitos invertebrados a conter na cabeza gran parte do sistema nervioso e máis órganos sensoriais.
Comeza por
G
Grupo de invertebrados moluscos cuxo pé musculoso está normalmente pegado á súa masa visceral, cunha cuncha xeralmente enrolada en espiral.
Comeza por
H
Tipo de equinodermos comúnmente chamados "pepinos de mar".
Comeza por
I
É o grupo de invertebrados con maior éxito biolóxico.
Comeza por
J
Nome en castelán dun molusco mariño moi parecido á lura ou calamar.
Comeza por
L
Fase inicial de desenvolvemento dos animais que sofren un proceso de metamorfose.
Comeza por
M
Proceso polo que os invertebrados artrópodos cambian o seu exoesqueleto por outro novo de maior tamaño a medida que van medrando.
Contén
N
Células especiais dos cnidarios, que empregan para paralizar ás súas presas ou defenderse dos depredadores.
Contén
Ñ
Animal arácnido que ten unha glándula no abdome para fabricar unha seda coa que constrúe unha tela onde atrapa insectos dos que se alimenta.
Comeza por
O
Abertura situada na parte superior dos poríferos a través da cal estes animais expulsan a auga.
Comeza por
P
Apéndices característicos dos arácnidos, situados a ambos lados da boca, que empregan para suxetar ás súas presas, mentres as devoran cos quelíceros.
Comeza por
Q
Estruturas propias dun tipo de vermes, que son coma peliños moi finos, con función principalmente táctil.
Comeza por
R
Estrutura presente nos caracois e babosas coa que poden raspar a súa comida.
Comeza por
S
Anélido parásito con ventosas.
Comeza por
T
Nome dunha das partes do corpo dos artrópodos.
Comeza por
U
Adxectivo que se atribúe aos tentáculos dos cnidarios, xa que ao tocalos inxectan substancias velenosas ou producen picor.
Comeza por
V
As teñen os cefalópodos, equinodermos, sambesugas e platelmintos parasitos.
Contén
X
Nome da cabeza das tenias.
Contén
Z
Exemplo dun equinodermo.