Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Planta acuática que crece no mar e que serve de alimento para algúns animais mariños.
Comeza por  
B
Mamífero mariño de gran tamaño que vive no océano e se alimenta de peixes e krill.
Comeza por  
C
Formación calcaria dura dunha peza ou de dúas articuladas por un lado, que cobre o corpo dos moluscos, como os caracois, ameixas, mexillóns, ou está no seu interior, como na xiba.
Comeza por  
D
Peixe da familia dos espáridos de corpo alto e estreito, cor azulada no dorso e prateada nos flancos, cunha pinta negra na parte superior do opérculo e unha franxa dourada na parte superior dos ollos.
Comeza por  
E
Animal mariño que ten forma de estrela e vive no fondo do mar.
Comeza por  
F
Mamífero mariño que vive tanto na auga como na terra e se alimenta de peixes e moluscos.
Comeza por  
G
Mamífero mariño que vive en grupos e se alimenta de peixes e cefalópodos.
Comeza por  
H
Cabalo de mar.
Comeza por  
I
Porción de terra rodeada de auga por todas partes.
Comeza por  
L
Mamífero mariño que vive en colonias e se alimenta de peixes e moluscos.
Comeza por  
M
Animal mariño que ten forma de campá e tentáculos urticantes.
Comeza por  
N
Crustáceo decápodo da suborde dos braquiúros, de corpo negro semellante a un cangrexo pequeno, e o cacho de aspecto piloso, moi apreciado pola súa carne.
Contén  
Ñ
Persoa que traballa no mar realizando faenas de pesca.
Comeza por  
O
Molusco bivalvo que vive no mar e ten unha concha dura.
Comeza por  
P
Construción na marxe dun río ou do mar, que polo xeral forma parte dun porto e que se utiliza principalmente para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercancías e para abrigo das embarcacións.
Comeza por  
Q
Peixe mariño da subclase dos elasmobranquios, de corpo fusiforme, boca ventral, arqueada e provista de varias filas de dentes cortantes, do que existen distintas familias e arredor de trescentas especies, algunhas delas de gran tamaño
Comeza por  
R
Pedra de gran tamaño que sobresae na terra ou no mar.
Comeza por  
S
Peixe mariño que se alimenta de plancto e vive en cardumes.
Comeza por  
T
Peixe mariño predador que ten dentes afiados e vive en todos os océanos.
Comeza por  
U
Terra ou conxunto de terras situadas ao outro lado do mar.
Comeza por  
V
Cada unha das elevacións producidas polo vento na superficie do mar, dun río ou dun lago.
Comeza por  
X
Molusco da clase dos cefalópodos, de corpo ovado e groso, cunha cuncha calcaria interna e unha bolsa de tinta coa que escurece a auga en situacións de perigo.
Comeza por  
Z
Molusco da clase dos lamelibranquios parecido á vieira, pero de menor tamaño, coas valvas convexas e desiguais, de cor variable, xeralmente de tons marróns, e de carne moi apreciada.