Icon Créer jeu Créer jeu
Jouer Mots Roulette
  • A
    B
    C
    D
    E
    F
    G
    H
    I
    L
    M
    N
    Ñ
    O
    P
    Q
    R
    S
    T
    U
    V
    X
    Y
    Z
    Comeza por  
    A
    O maior glaciar pirenaico, afectado por un forte desxeo e reducción da súa superficie. En conxunto, os glaciares pirenaicos teñen perdido o 88% da súa superficie entre 1850 e 2016.
    Comeza por  
    B
    Localidade galega da provincia de Lugo, que forma parte do triángulo Samos-Triacastela-..., no que se teñen detectado historicamente os maiores terremotos en Galicia.
    Contén  
    C
    Política tendente á reducción do impacto das emisións de dióxido de carbono a atmosfera, reemprazando o consumo de enerxías fósiles por outras renovables.
    Comeza por  
    D
    Fenómeno atmosférico caracterizado polas precipitacións torrenciais a finais de verán e comezos do outono, propio da área mediterránea, por sobrequentamento da superficie mariña e aloxamento de aire frío en altura. Acrónimo.
    Comeza por  
    E
    Impacto do consumo humano sobre a Terra, que ocasiona nos países máis avanzados un sobreconsumo. É a pegada...
    Comeza por  
    F
    Central nuclear xaponesa que causou escape radioactivo en 2011 por mor dun tsunami.
    Comeza por  
    G
    Acrónimo que fai referencia aos gases de efecto invernadoiro, dos que o dióxido de carbono e metano son importantes representantes.
    Contén  
    H
    Localidade turolense cos rexistros históricos de máis baixa temperatura, especialmente no xélido inverno de 1956.
    Comeza por  
    I
    Dise daquelas plantas e animais que, procedentes de ecosistemas diferentes aos nosos, se instalan aquí e constitúen unha ameaza para o noso ecosistema. En Oleiros, son exemplo os plumachos e as velutinas.
    Comeza por  
    L
    Químico británico que, xunto coa bióloga Lynn Margulis, puxo en práctica a teoría que considera a Terra como un ser vivo chamado Gaia. Eles son os autores da "hipótese Gaia".
    Comeza por  
    M
    Nome que reciben o ciclón formado no Mediterráneo, con alto poder destrutivo, dados os fortes ventos e choivas torrenciais que o asemellan aos furacáns atlánticos. Un deles tivo lugar en setembro de 2023 no N. de Libia.
    Comeza por  
    N
    Lema utilizado na década actual para concienciar á poboación da necesidade de manter a vida no noso planeta, aqueixado de quecemento global e risco de extinción masiva. O lema incide na idea de que trasladarse a un exoplaneta non é alternativa real.
    Contén  
    Ñ
    Parque nacional español ameazado pola sobreexplotación dos acuíferos e recursos hídricos, especialmente destinados a consumo agropecuario. Está caracterizado pola abundancia de ecosistema de marisma.
    Contén  
    O
    Risco de perda de vida mariña por incremento das algas e acidificación de mares e océanos, xunto coa proliferación de verquidos químicos ligados a fertilizantes químicos.
    Comeza por  
    P
    Illa na que tivo lugar a última grande erupción volcánica en España, en 2021. A ...
    Comeza por  
    Q
    Contaminación que máis afecta aos solos, por mor do uso de fertilizantes e pesticidas.
    Contén  
    R
    Etiquetas climáticas que, combinando cores frías e cálidas, amosan o quecemento global desde 1850. Foron difundidas polo climatólogo británico Ed Hawkins.
    Comeza por  
    S
    Lumes forestais de alto impacto ecolóxico, que afectan a grandes áreas e causan estragos de enormes dimensións, tal e como aconteceu na Serra da Culebra en 2022. Chámanse lumes de ...
    Comeza por  
    T
    Noite que, nas nosas latitudes, supera os 20°C de media. É, cada vez, un fenómeno máis común en España, sobre todo nas áreas mediterránea e interior.
    Contén  
    U
    Informe de 1987, co nome dunha ministra noruega, que incluíu por primeira vez o concepto de "desenvolvemento sostible": satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as necesidades das xeracións futuras.
    Contén  
    V
    Comarca da Mancha que alberga exemplos de vulcanismo relicto, hoxe extinto. Campo de ...
    Contén  
    X
    Tamén chamada "depresión bomba", trátase dunha baixa presión que conleva fortes ventos e choivas persistentes. Ten lugar especialmente no Norte e Noroeste peninsular, por mor dun descenso moi acusado da presión en menos de 24 horas.
    Contén  
    Y
    Central nuclear ucraína na que explotou o reactor nuclear en 1986, causando unha forte contaminación e delimitación dun perímetro de superficie no que a poboación houbo de abandoar o territorio. Hoxe prolifera a vida salvaxe na súa contorna.
    Comeza por  
    Z
    Capital do Ebro, afectada ás veces polas inundacións causadas por este río e os seus afluintes cando hai grandes avenidas derivadas da fusión nival.