Créer jeu
Jouer Relier Colonnes

Función de nutrición

Función de relación

Seres heterótrofos

Biosfera

Función de reprodución

Seres autótrofos

Os seres vivos captan materia e enerxía do medio para manterse con vida.

Está formada polo conxunto de todos os seres vivos e as relacións que se establecen entre eles e co medio.

Os seres vivos poden detectar estímulos e responden ante eles.

Son capaces de producir materia orgánica a partir da materia inorgánica que toman do medio. Para iso usan unha fonte de enerxía externa.

Poden transformar a materia orgánica que produciron outros seres vivos, polo que se alimentan deles.

Os seres vivos poden dar lugar a outros seres vivos coas súas mesmas características.