Que condición é necesaria par realizar con éxito unha aprendizaxe?
A.
Ser quen de escribir moi rápido
B.
Ler cantos máis libros mellor
C.
Posuír unha boa capacidade lectora
D.
As dúas primeiras respostas son verdadeiras
2.
Que elementos son necesarios para ser un/unha lector/a eficaz?
A.
Ter un proxecto de lectura, comprender ben o que se le, ler rapidamente e adecuar a velocidade de lectura ao tipo de texto que se le e á intención coa que se fai a lectura.
B.
Comprender ben o que se le, ler rapidamente e adecuar a velocidade de lectura ao tipo de texto que se le e á intención coa que se fai a lectura.
C.
Comprender ben o que se le.
D.
Ter lido moitos libros.
3.
A nosa actitude ante a lectura ten que ser sempre a mesma?
A.
Si, independentemente do tipo de texto que teñamos diante.
B.
Depende. É algo totalmente persoal que depende do lector ou lectora.
C.
Si, pois se non resulta imposible comprender a maoría dos textos.
D.
Non. Algúns texos e proxectos de lectura requiren máis concentración (lectura atenta) e outros permiten unha lectura máis superficial (lectura rápida).
4.
Que é a lectura rápida?
A.
É cando lemos un texto a maior velocidade posíbel. Neste caso, a súa comprensión non é relevante.
B.
É a que se fai sobre un texto cando o que se pretende é ter unha idea xeral do contido deste texto, fixándose nos datos e detalles máis salientábeis.
C.
É ser capaz de ler moitos libros ao mesmo tempo.
D.
É ler un número reducido de páxinas cada vez que lemos unha obra escrita, para así non ter exceso de coñecementos.
5.
Que é a lectura atenta?
A.
É unha lectura intensiva, tendente a comprender o texto, é dicir, a captar como está organizado ese texto e cales son as ideas pricipais que se transmiten.
B.
É un método de lectura que inclúe a lectura rápida, segundo as ocasións.
C.
As dúas primeiras respostas.
D.
É ler un texto, polo menos, cinco veces seguidas.
6.
Que defectos de lectura debemos suprimir?
A.
A lectura atenta.
B.
Depende do tipo de texto que teñamos diante.
C.
A vocalización, os movementos de cabeza, os movementos de retorno e ir seguindo co dedo as liñas do texto que se está a ler.
D.
A vocalización, os movementos de cabeza e os movementos de retorno.
7.
Que permiten os medios de información dixital?
A.
Non ter que ler as noticias, senón escoitalas no computador.
B.
Unha actualización constante das noticias e os sucesos que se producen ao longo das horas e dos días.
C.
Facer menos cousas que os medios de comunicación impresos.
D.
As mesmas posibilidades que os medios de información impresos.
8.
Permiten os medios de información dixital achegar elementos multimedia ao texto?
A.
Non.
B.
Depende. Polo xeral, non.
C.
Si. Cantos máis mellor.
D.
Si mais sempre adecuados ao fin do texto.
9.
Que efecto colateral produce a inmensa cantidade de información dispoñíbel nos medios dixitais?
A.
Pode provocar saturación de información nos lectores e lectoras.
B.
Non produce ningún efecto colateral.
C.
Que esa información sexa máis rigorosa.
D.
Que teñamos máis información da que necesitamos.
10.
Que pode facer na opción "Idioma do dicionario" do corrector ortgráfico de OpenOffice?
A.
Nada. Deixala tal e como vén por defecto.
B.
Pór o idioma que un queira sen ter en conta o idioma en que está escrito o texto a corrixir.
C.
Pór o idioma en que está o texto que se vaia a corrixir.
D.
Consultar varios dicionarios en liña.
11.
Que pode facer na opción "Engadir" do corrector ortográfico de OpenOffice?
A.
Engadir ao dicionario de galego do OpenOffice a plabra sinalada en vermello, no caso de que a palabra sexa correcta.
B.
Engadir ao dicionario de galego do OpenOffice a palabra sinalada en vermello, aínda que a palabra sexa incorrecta.
C.
Engadir máis texto ao que xa temos diante.
D.
Engadir debuxos e formas ao texto que temos diante.
12.
Indique cal das seguintes afirmacións é correcta:
A.
Na lingua galega non levan acento gráfico as palabras rematadas en -mente, as formas do demostrativo os exclamativos e interrogativos directos e indirectos, pero sempre se acentúan os monosílabos.
B.
Na lingua galega non levan acento gráfico as palabras rematadas en -mente, as formas do demostrativo os exclamativos e interrogativos directos e indirectos nin os monosílabos, a excepción dos que precisan acento diacrítico.
C.
Na lingua galega non leva acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas soldadas, nin manteñen o acento diacrítico as formas verbais que van seguidas dunha forma átona do pronome.
D.
Na lingua galega leva acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas soldadas, e manteñen o acento diacrítico as formas verbais que van seguidas dunha forma átona do pronome.
13.
Sinale cal é a serie de palabras acentuadas correctamente na súa totalidade:
A.
Dás (presente do verbo 'dar'), compre (é mester), cha (che+a), dó (compaixón).
B.
Dás (de + as), cómpre (é mester), cha (che + a), dó (compaixón).
C.
Dás (presente do verbo 'dar'), cómpre (é mester), cha (che+a), dó (compaixón).
D.
Dás (presente do verbo 'dar'), cómpre (é mester), cha (plana), do (de + o).
14.
Indique cal das seguintes oracións está ben acentuada en lingua galega:
A.
Nos non sabíamos que idades facer vós.
B.
Nós non sabiamos que iades facer vós
C.
Nós non sabíamos que íades facer vós.
D.
Nós non sabiamos que iades facer vos.
15.
Elixa a opción correcta, canto á forma e a clasificación dos seguintes determinantes en lingua galega:
A.
Estos (demostrativo), calqueira (indefinido), os (artigo indeterminado), meus (posesivo).
B.
Estes (demostrativo), calqueira (indefinido), os (artigo determinado), meus (posesivo).
C.
Estes (demostrativo), calquera (indefinido), os (artigo determinado), meus (posesivo).
D.
Estes (demostrativo), calquera (indefinido), os (artigo determinado), meus (personal).
16.
Sinale a afirmación verdadeira:
A.
O artigo indeterminado contrae obrigatoriamente coas preposicións 'en', 'de' e 'con, e o determinante demostrativo contrae coas preposicións 'de', 'en' e co indefinido 'outro'.
B.
O artigo indeterminado non contrae obrigatoriamente coas preposicións 'en', 'de' e 'con, pero o determinante demostrativo contrae coas preposicións 'de', 'en' e co indefinido 'outro'.
C.
O artigo indeterminado contrae obrigatoriamente coas preposicións 'en', 'de' e 'con, pero o determinante demostrativo non contrae coas preposicións 'de', 'en' e co indefinido 'outro'.
D.
As contraccións en galego pódense empregar de xeito optativo.
17.
Sinale a serie de palabras ou frases acentuadas correctamente en lingua castelá:
Decimoséptimo; Dime que esperas; Hábilmente; ¡Qué problema!
18.
Indique cal é a oración que está correctamente acentuada en lingua castelá:
A.
No sé por qué se sirvio más te. Difícilmente lo tomará.
B.
No sé por qué se sirvio más té. Difícilmente lo tomara.
C.
No se por qué se sirvio más te. Dificilmente lo tomará.
D.
No sé por qué se sirvió más té. Difícilmente lo tomará.
19.
Escolla a opción que clasifique correcta e ordenadamente, de esquerda a dereita, os determinantes que aparecen na seguinte oración en castelán: 'Algunos de mis amigos vinieron esta mañana a la manifestación muy cansados del viaje'.