Estrada especialmente preparada para unha circulación rápida e segura, con calzadas de dous ou máis carrís para cada sentido, separadas entre si por unha mediana ancha, e sen cruzamentos a nivel, xeralmente de peaxe.
Comeza por
B
Espazo nas marxes dunha rúa, cunha certa elevación sobre o nivel desta, para que circulen os peóns.
Comeza por
C
Mamífero da familia dos lepóridos coas orellas tan longas como a cabeza e as patas traseiras máis longas ca as de diante que vive en estado salvaxe e tamén se cría como animal doméstico para aproveitar tanto a súa carne como a súa pel e do que existen varias especies.
Comeza por
D
Ser superior ao home, dotado de diferentes atributos segundo as diversas relixións.
Comeza por
E
Porción da mucosa bucal que recobre a base dos dentes.
Contén
F
Peza de metal, madeira etc., co corpo en forma de rosca que, ao facela xirar sobre si mesma, se introduce nunha porca ou nunha superficie.
Comeza por
G
Máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar e mover grandes pesos dentro do raio que este brazo alcanza.
Comeza por
H
Conxunto de sons que resultan agradables ao oído.
Comeza por
I
Persoa que, respecto doutra, é filla dos mesmos pais ou só do mesmo pai ou da mesma nai.
Comeza por
L
Disco de vidro ou outra substancia sólida transparente limitado por dúas superficies esféricas, unha delas con caras curvas, cóncavas ou convexas, que se usa en instrumentos ópticos para desviar os raios de luz.
Comeza por
M
Que non está fixo, que pode cambiar de posición.
Comeza por
N
Sensación física moi desagradable experimentada ao percibir algo polos sentidos, descartando en gran parte o oído, e que polo xeral vai acompañada de desexos de vomitar.
Comeza por
O
Exclamación que se emprega para saudar.
Comeza por
P
Conxunto de dúas persoas ou animais, especialmente o formado por macho e femia.
Comeza por
Q
Medida de lonxitude que equivale a mil metros. O seu símbolo é km.
Comeza por
R
Camiño dentro dunha poboación, rodeado por casas, árbores etc.
Comeza por
S
Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes.
Comeza por
T
Instrumento para cortar que está constituído por dúas pezas cun só gume, unidas en forma de aspa por un eixe, arredor do cal xiran ao seren accionadas.
Contén
U
Insecto da familia dos blátidos, duns tres centímetros de lonxitude, cor negra brillante, con femias ápteras e machos alados.
Comeza por
V
Cerimonia mediante a que dúas persoas contraen matrimonio.
Comeza por
X
Cerimonia mediante a que dúas persoas contraen matrimonio.