1
Artefacto formado por unha barra metálica que se coloca sobre os edificios para protexelos das descargas eléctricas da atmosfera.
2
Salsa feita con ovo e aceite, batidos ata que espesan.
3
Globo de aire ou doutro gas que sobe á superficie dun líquido cando este ferve, fermenta ou cando se move moito.
4
Conxunto de dúas persoas ou animais.
5
Artista, xeralmente de circo, que fai rir a xente polo seu aspecto, xestos, respostas etc.
6
Establecemento onde se venden xoias.
7
Que oe pouco ou que non oe nada.
8
Home da filla ou do fillo respecto dos pais do cónxuxe.
9
Alimento que consiste nunha variedade de leite callado sometido á acción dun fermento especial.
10
Extensión de area ou pedra miúda, polo xeral plana, á beira do mar ou dun río.