Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por  
A
Animal vertebrado ovíparo de respiración pulmonar que conta cun peteiro, membros anteriores adaptados ao voo e o corpo cuberto de plumas.
Contén  
B
Clase de vertebrados á que pertence a ra.
Comeza por  
C
Animal que se alimenta de carne.
Comeza por  
D
Mamífero da familia dos camélidos semellante ao camelo, pero menos robusto e cunha soa xiba, que se utiliza como animal de carga e montura nos desertos.
Comeza por  
E
Conxunto de ósos que sosteñen o corpo dos vertebrados.
Contén  
F
Mamífero rumiante, de patas e pescozo longos e pelame de cor amarela con manchas escuras.
Comeza por  
G
Macho da galiña, de plumaxe abundante de diversas cores, cabeza cunha crista carnosa vermella e cola longa.
Comeza por  
H
Que se alimenta exclusivamente de vexetais.
Comeza por  
I
Animal que non posúe esqueleto interno.
Comeza por  
J
Nome es castelán. Mamífero salvaxe moi semellante ao porco doméstico, de pelame forte e escuro.
Comeza por  
K
Mamífero da orde dos marsupiais, de pelo espeso e cinsento, orellas redondas, patas prénsiles e uñas afiadas propio de Australia.
Contén  
L
Tipo de animais do grupo dos invertebrados, que teñen o corpo brando, aparencia viscosa e que poden estar ou non provistos de cuncha.
Comeza por  
M
Clase de vertebrados que se caracterizan pola presenza de mamas, nas femias, e por teren maioritariamente o corpo cuberto de pelo.
Comeza por  
N
Tipo de animais investebrados de corpo estreito, cilíndrico e non segmentado, que remata en punta nas dúas extremidades, sen aparello respiratorio nin circulatorio e co aparato dixestivo formado por un tubo que se estende da boca ao ano.
Comeza por  
O
Animal que se reproduce por ovos.
Comeza por  
P
Animal vertebrado ovíparo, que nace na auga e respira por branquias, de corpo xeralmente cuberto de escamas e con aletas para nadar.
Contén  
Q
Tipo de animais mariños invertebrados de corpo redondo, cilíndrico ou con forma de estrela, cuberto dun esqueleto externo e con espiñas.
Comeza por  
R
Clase de vertebrados, de respiración pulmonar, xeralmente ovíparos, co corpo cuberto de escamas ou placas óseas, que teñen as extremidades moi curtas ou que carecen delas, polo que se desprazan reptando.
Comeza por  
S
Réptil sen patas, de corpo longo e cilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas especies de distintas cores e tamaños, algunhas das cales con velenosas.
Contén  
T
Tipo de animais invertebrados de esqueleto externo dividido en cabeza, tórax e abdome, con tres ou máis pares de patas articuladas.
Contén  
U
Réptil co corpo cuberto por unha coiraza. Poden ser terrestres e andan moi lento ou mariñas, de gran tamaño e coas extremidades adaptadas para a natación.
Comeza por  
V
Que durante a etapa ou estado embrionario permanece e se desenvolve no interior do organismo materno.
Comeza por  
W
Nome en inglés. Mamífero propio dos mares fríos, semellante a un enorme peixe, coas extremidades anteriores en forma de aleta e cunha aleta caudal horizontal.
Comeza por  
X
Insecto que se caracteriza pola súa forma arredondada de cores vivas, xeralmente vermello con puntos negros.
Contén  
Y
Nome en inglés. Ave de gran tamaño, coa cabeza e o pescozo de cor vermella e desprovistos de plumas, cun apéndice eréctil sobre o peteiro.
Comeza por  
Z
Nome en inglés. Mamífero da familia dos équidos, cun aspecto intermedio entre o cabalo e o asno, de pelo branco con listas negras.