Créer jeu
Jouer Froggy Jumps
1. Que é unha loidada?
A
Noticia falsa que se difunde para facer crer que algo falso é verdadeiro, xeralmente con algún fin.
B
Noticia preocupante que se difunde para intentar mellorar na vida.
C
Noticia falsa que se difunde para convencer de que algo non é necesario.
2. Cal das seguintes páxinas en rede ofrece información válida?
A
novasdagaliza.blogaliza.gal
B
omeublog.gal
C
praza.gal
3. A Galipedia é unha boa fonte para...
A
... copiar e pegar o contido nos traballos de clase
B
... sacar información coa que traballar e facer un texto propio
C
... facer un resumo das partes máis importantes e presentalas como propias na clase
4. Cal dos seguintes libros está ben citado no índice bibliográfico?
A
CASTRO MACÍA, L. (2005): Dicionario galego-castelán, castellano-gallego (Vigo: Xerais).
B
CASTRO MACÍA, L (2005, Xerais). Dicionario galego-castelán, castellano-gallego. Vigo.
C
Dicionario galego-castelán, castellano-gallego, de Castro Macía, en Xerais.
5. Que é o ciberacoso?
A
É o acoso e intimidación por medio dos cibercafés.
B
É a intimidación por medio da Wikipedia.
C
É a intimidación por medido das tecnoloxías dixitais.
6. Que é o benestar dixital?
A
É unha relación de benestar entre as diferentes redes sociais que hai en Internet.
B
Consiste en ter todas as redes ben relacionadas.
C
É unha relación saudable coa tecnoloxía.
7. Que é a reputación dixital?
A
É a idea que ten a xente das diferentes redes sociais.
B
É a reputación dunha persoa na Galipedia.
C
É o que se sabe dunha persoa en Internet.
8. Que quere dicir "alfabetización mediática"?
A
Fai referencia aos coñecementos do abecedario informático por parte dos medios de comunicación.
B
Fai referencia á liberdade de expresión e información, e á súa importancia na sociedade.
C
Fai referencia ao uso que os medios de comunicación fan dos diferentes alfabetos dixitais.
9. Que é a pegada dixital?
A
É o rastro que se deixa ao navegar en Internet.
B
É o contrasinal que se usa para entrar en diferentes plataformas.
C
É o rasto que se deixa nos blogs nos que se escribe algún comentario.
10. Que é a netiqueta?
A
É a etiqueta que se usa para comezar un blog.
B
Son as etiquetas que se lle poñen ás páxinas de Internet.
C
Son as normas de comportamento xeral en Internet.
11. Qué é un clickbait?
A
É unha técnica que consiste en atraer visitantes con clicks rápidos.
B
É unha técnica que consiste en saltar de páxina en páxina en Internet sen ler os contidos.
C
É unha técnica que consiste en atraer visitantes a unha páxina con sensacionalismos.
12. Que riscos podemos asociar á desinformación?
A
Ciberacoso, citas incorrectas, falta de puntaución e fraudes.
B
Ciberacoso, abuso sexual, reputación e fraudes.
C
Ciberacoso, abuso de poder, fraudes e faltas de ortografía.
13. Que é un plaxio?
A
Tomar como propias ideas doutras persoas.
B
Citar ideas doutras persoas empregando aspas.
C
Tomar ideas doutras persoas e cambialas segundo nos conveña.
14. Segundo un informe de Ofcom, que desvantaxes ten a conexión a Internet?
A
Provocaría demasiada popularidade e que todo o mundo saiba onde estás.
B
Estar demasiado en liña destrúe as túas neuronas espello.
C
Ten un impacto negativo na saúde de usarse durante unha hora.
15. Que é a nomofobia?
A
O medo a estar en lugares pechados sen conexión a Internet.
B
O medo a saír da casa sen móbil.
C
O medo a non ser quen de responder preguntas sobre redes sociais.