Créer une activité
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por  
A
Apeiro formado por un mango longo rematado nun dos extremos por un pau atravesado que ten dentes de madeira ou de ferro formando unha especie de peite.
Comeza por  
B
Monte poboado de árbores.
Comeza por  
C
Árbore da familia das rosáceas que ten como froito a cereixa.
Comeza por  
D
Zona seca, de escasa vexetación
Comeza por  
E
Mamífero roedor do que existen diversas especies, de rabo moi peludo e longo que se cría nos bosques e se alimenta de froitos, insectos, ovos etc.
Comeza por  
F
Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga.
Comeza por  
G
Cetáceo mariño,mamífero,de cor gris, azul ou branca e a aleta dorsal curvada cara a atrás.
Comeza por  
H
Que se alimenta exclusivamente de vexetais.
Comeza por  
I
Porción de terra rodeada de auga por todas partes.
Comeza por  
J
Esta letra non existe no abecedario galego.
Comeza por  
K
Ave corredora propia de Nova Zelandia, do tamaño dunha galiña aproximadamente, que ten as ás moi rudimentarias, o peteiro longo e a plumaxe de cor parda, do que existen varias especies.
Comeza por  
L
Árbore de follas perennes e flores brancas recendentes, que ten como froito a laranxa.
Comeza por  
M
Elevación importante do terreo.
Comeza por  
N
Masa de vapor de auga que se forma principalmente cando as correntes de aire fan que ascenda a humidade da atmosfera, provocando o seu arrefriamento e condensación.
Comeza por  
O
Casca exterior con espiñas que contén as castañas do castiñeiro.
Comeza por  
P
Dise da folla das árbores que dura máis dun ano, que vai caendo pouco a pouco e non toda á vez, nun período determinado de tempo.
Comeza por  
Q
Tipo de voitre coa cabeza branca e barbas negras que lle penduran do bico, que adoita vivir en zonas montañosas
Comeza por  
R
Curso de auga pouco abundante, menor ca o río e maior ca o regato.
Comeza por  
S
Camiño estreito que se fai ao andar por el, que só serve para pasar a pé.
Comeza por  
T
Arbusto espiñento da familia das leguminosas, de follas alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, do que existen varias especies en Galicia.
Comeza por  
U
Persoa natural ou habitante de Ucraína.
Comeza por  
V
Depresión do terreo entre montañas pola que flúe ou fluíu un curso de auga.
Contén  
W
Froita de forma ovoide, coa pel de cor marrón cuberta de peluxe, carne de cor verde con pebidas negras moi pequenas e sabor agridoce.
Comeza por  
X
Arbusto bravo da familia das leguminosas, con moitas pólas delgadas e flexibles, follas pequenas e escasas, e flores amarelas ou brancas, do que existen varias especies.
Comeza por  
Y
Esta letra non existe no abecedario galego.
Comeza por  
Z
Ruído xordo e continuo que producen as follas das árbores ao movelas o vento.