Créer jeu
Jouer Froggy Jumps
1. Supón a creación e o procesamento de bens e mercadorías. É o medio fundamental a través do que o traballo humano xera riqueza.
A
Distribución
B
Consumo
C
Produción
2. Este sector encárgase de transformar as materias primas en produtos elaborados.
A
Secundario
B
Terciario
C
Primario
3. É o gasto dos produtos ou servizos que se adquiren para satisfacer as necesidades da persoa consumidora. Por esta razón, convértese na fase final da actividade económica.
A
Consumo
B
Distribución
C
Produción
4. Este sector ocúpase de obter as materias primas e engloba a actividades como a agricultura, a gandaría, a pesca ou a minaría.
A
Secundario
B
Primario
C
Terciario
5. É o proceso polo que pasa un produto desde que é producido ata que chega ao seu consumidor final. Permítenos acceder a produtos elaborados a quilómetros de distancia.
A
Consumo
B
Distribución
C
Produción
6. Este sector abrangue todas as actividades que supoñen a prestación dun servizo como o comercio, o transporte, a hostalaría ou a administración.
A
Primario
B
Secundario
C
Terciario
7. Comercio no que a empresa compra directamente ao produtor grandes cantidades para vendelas aos pequenos comerciantes.
A
Comercio ao por menor
B
Comercio interior
C
Comercio ao por maior
8. A diferenza entre as compras e as vendas denomínase...
A
Balanza comercial
B
Importación
C
Sustracción
9. As vendas que realiza un país a outro chámanse...
A
Rebaixas
B
Importacións
C
Exportacións
10. As compras dun país a outro reciben o nome de...
A
Producións
B
Importacións
C
Materias primas
11. Cando non había cartos, as relacións económicas consistían sobre todo no intercambio de produtos denominado...
A
Mercado
B
Compra-venda
C
Troco
12. A humanidade, para facilitar o intercambio de bens e servizos, concibiu uns obxectos de referencia para as operacións económicas que denominamos...
A
Bitcoins
B
Diñeiro
C
Euros
13. Cantidade de cartos que se reciben procedentes das vendas nun negocio ou o pago do soldo dun traballador...
A
Gastos
B
Aforro
C
Ingresos
14. Cantidade de cartos que se dan a cambio de algo. Cando pagamos calquera cousa ou servizo que mercamos ou contratamos...
A
Gasto
B
Aforro
C
Beneficio
15. Cartos que non se gastan
A
Prezo
B
Aforro
C
Beneficio
16. Moeda oficial en España antes da entrada en vigor do Euro
A
Franco
B
Libra
C
Peseta