Son discrepancias por razóns laborais, que afectan aos intereses xerais dos traballadores.
B.
Son discrepancias por razóns laborais, que afectan aos intereses particulares de varios traballadores.
C.
Poden ser: conflitos xurídicos, sobre a interpretación e a aplicación dunha norma ou conflitos de intereses ou económicos, nos que se pretende a modificación dunha norma
D.
Sempre son conflitos de intereses ou económicos, nos que se pretende a modificación dunha norma
2.
A suspensión da prestación do traballo de forma colectiva como medio de presión para conseguir melloras laborais, que tipo de medida de conflicto é?
A.
Manifestación
B.
Concentración
C.
Peche patronal
D.
Folga
3.
Que consecuencias ten a folga para un traballador?
A.
O seu contrato considérase en suspenso, e o traballador non terá dereito ó salario correspondente.
B.
O seu contrato segue vixente con normalidade, pero o traballador non percibirá algúns complementos salariais
C.
Atoparase en situación de alta especial na Seguridade Social, é dicir, cotiza pero non pode xerar dereito a prestacións.
D.
Atoparase en situación de alta especial na Seguridade Social, é dicir, non cotiza pero pode xerar dereito a prestacións.
4.
Quen está lexitimado para declarar unha folga?
A.
Os propios traballadores, por maioría simple, adoptada en asamblea
B.
Os traballadores, por maioría simple, adoptada en asamblea e os representantes dos traballadores por decisión maioritaria.
C.
Os sindicatos con implantación no ámbito laboral afectado pola folga.
D.
Os sindicatos en calquera caso
5.
O comité de folga, formado por un máximo de doce traballadores...
A.
Ten o dereito a negociar co empresario para chegar a un acordo que poña fin ao conflito.
B.
Terá o deber de negociar co empresario para chegar a un acordo que poña fin ao conflito.
C.
O acordo entre o comité de folga e a empresa ten a mesma eficacia que o acordado en convenio colectivo.
D.
O acordo entre o comité de folga e a empresa ten que ser ratificado polos traballadores e/ou os seus representantes
6.
A declaración de folga
A.
Debe comunicarse por escrito ao empresario con dez días de antelación
B.
Debe comunicarse por escrito ao empresario e á autoridade laboral con dez días de antelación
C.
Debe comunicarse por escrito ao empresario con cinco días de antelación
D.
Debe comunicarse por escrito ao empresario e á autoridade laboral con cinco días de antelación
7.
Peche patronal
A.
O peche patronal solo pode darse como resposta a unha folga ou outra irregularidade colectiva no traballo
B.
O peche patronal é un dereito dos empresarios, como a folga é un dereito dos traballadores
C.
Non esixe unhas causas concretas que o motiven
D.
Solo pode producirse polas causas previstas na lei
8.
Son causas dun peche patronal as seguintes:
A.
No caso de perigo evidente de violencia sobre as persoas ou danos sobre as cousas.
B.
A imposibilidade de seguir o proceso normal de produción por mor das inasistencias por unha folga ou irregularidades no traballo.
C.
A imposibilidade de seguir o proceso normal de produción por desabastecemento das materias pimas
D.
No caso de ocupación ilegal do centro de traballo ou perigo certo de que se produza
9.
Indica as afirmacións correctas en relación a un peche patronal
A.
O peche debe limitarse ao tempo imprescindible para asegurar a reanudación da actividade.
B.
O peche pode ser indefinido, igual que a folga
C.
O empresario deberá comunicar o peche con doce horas de antelación á autoridade laboral
D.
O empresario deberá comunicar o peche no prazo das doce horas seguintes a producirse á autoridade laboral
10.
Indica as afirmacións correctas en relación á folga
A.
É un dereito fundamental dos traballadores que debe ser respectado polo empresario
B.
É un dereito dos traballadores pero o empresario pode substituir aos folguistas por outros traballadores con contrato temporal
C.
Pode ser indefinida
D.
Debe limitarse ao prazo marcado pola lei ou o convenio colectivo
11.
O conflito colectivo pode finalizar por
A.
Negociación necesariamente
B.
So pode finalizar por arbitraxe
C.
Por negociación, mediación ou conciliación
D.
Por negociación, mediación, conciliación ou arbitraxe