Connectez-vous
Créer jeu
Types de jeux
Centre d'aide
Game Pin
News
Premium
Créer jeu
Connectez-vous
Tous les jeux
Jouer Froggy Jumps
Imprimer Froggy Jumps
O tempo e o clima
Autor :
Ana Belen Legaspi Castro
1.
É a capa máis externa da Terra, composta por aire, gotas de auga, pole, po...
A
Clima
B
Atmosfera
C
Capa de ozono
2.
Nela, non se pode respirar. Non hai chuvia, nin nubes, nin vento.
A
Parte alta da atmosfera
B
Parte baixa da atmosfera
C
Capa de ozono
3.
Protéxenos dos raios ultravioletas do sol.
A
Parte alta da atmosfera
B
Parte baixa da atmosfera
C
Capa de ozono
4.
Contén case todo o aire, por iso podemos respirar. Nela fórmanse a chuvia, as nubes, o vento...
A
Parte alta da atmosfera
B
Capa de ozono
C
Parte baixa da atmosfera
5.
É o estado da atmosfera dun lugar, nun momento determinado.
A
O clima
B
O tempo atmosférico
C
A capa de ozono
6.
É o conxunto de condicións atmosféricas dunha zona durante un ano.
A
O tempo atmosférico
B
O clima
C
A capa de ozono
7.
A latitude, a altitude, o relevo e a distancia ao mar son...
A
factores climáticos
B
fenómenos atmosféricos
C
cambios na atmosfera
8.
Canto máis preto do ecuador está un lugar, máis cálido é o seu clima. A distancia dun lugar ao ecuador chámase...
A
altitude
B
latitude
C
relevo
9.
Canto máis elevado é un lugar, máis frío será o seu clima. A altura sobre o nivel do mar chámase...
A
altitude
B
latitude
C
relevo
10.
As montañas elevadas impiden o paso dos ventos e frean as nubes, e forman parte do...
A
latitude
B
relevo
C
altitude
11.
O mar arrefríase e quéntase máis lentamente que a terra. O clima é máis suave cando hai menos...
A
altitude
B
distancia ao mar
C
lonxitude
12.
Son os constantes cambios que se dan na atmosfera.
A
factores climáticos
B
fenómenos atmosféricos
C
altitude e lonxitude
13.
É o aire en movemento.
A
humidade
B
precipitacións
C
vento
14.
Son a chuvia, a neve ou a sarabia.
A
temperatura
B
precipitacións
C
humidade
15.
É a cantidade de vapor de auga que se encontra no aire.
A
temperatura
B
vento
C
humidade
16.
Son grupos de gotas de auga líquida que se forman na atmosfera
A
vento
B
nubes
C
temperatura
17.
É o nivel de calor dun corpo ou da atmosfera. Provoca ondas de calor e de frío
A
humidade
B
precipitacións
C
temperatura
18.
A temperatura mídese co...
A
viraventos
B
termómetro
C
pluviómetro
19.
A velocidade do vento mídese co...
A
anemómetro
B
pluviómetro
C
termómetro
20.
A dirección do vento mídese co...
A
termómetro
B
pluviómetro
C
viraventos
21.
As precipitacións mídense co...
A
pluviómetro
B
termómetro
C
anemómetro
22.
O clima ecuatorial, tropical e desértico pertencen á zona...
A
de climas fríos
B
de climas cálidos
C
de climas temperados
23.
O cilma mediterráneo, oceánico, continental e desértico temperado pertencen á zona...
A
de climas cálidos
B
de climas fríos
C
de climas temperados
24.
Os climas polar e de alta montaña pertencen ás zonas...
A
de climas temperados
B
de climas fríos
C
de climas cálidos
25.
Europa atópase na zona de climas...
A
fríos
B
temperados
C
cálidos
26.
As zonas de climas cálidos sitúanse preto do ecuador, e entre os...
A
círculo polar ártico e antártico
B
trópico de cáncer e círculo polar ártico
C
trópico de cáncer e de capricornio
27.
As zonas de climas temperados atópanse entre...
A
os círculos polares e os trópicos
B
os trópicos e o ecuador
C
os círculos polares e o ecuador
28.
As zonas de climas fríos atópanse...
A
entre os círculos polares e os polos
B
entre os trópicos de cáncer e capricornio
C
entre o ecuador e os trópicos
29.
É a ciencia que estuda o estado do tempo atmosférico e os fenómenos que acontecen na atmosfera.
A
meteoroloxía
B
mapoloxía
C
espeleoloxía
30.
Describen o tempo que fai ou vai facer nun lugar determinado de forma gráfica.
A
placa solar
B
enerxía térmica
C
mapa meteorolóxico