Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Contén  
A
Festa que se celebra o vinte e cinco de decembro, na que se conmemora o nacemento de Xesús.
Comeza por  
B
Obxecto en forma de esfera que adoita ser un dos adornos da árbore de Nadal.
Comeza por  
C
Instrumento que consiste nunha peza oca xeralmente de bronce con forma aproximada de cono sen vértice que ao ser golpeado polo badalo que ten no interior ou por un martelo exterior produce un son máis ou menos grave ou agudo dependendo do seu tamaño.
Comeza por  
D
Duodécimo e derradeiro mes do ano, de 31 días.
Contén  
E
Representación mediante figuras e outros elementos do lugar e as circunstancias en que, segundo a tradición cristiá, naceu Xesús en Belén.
Comeza por  
F
Conxunto de actos de carácter alegre organizados co fin de celebrar ou conmemorar un feito ou de lembrar a un personaxe, sexan estes civís ou relixiosos.
Contén  
G
Sinónimo de REGALO
Comeza por  
H
Feito de acoller a alguén amablemente e con afecto.
Contén  
I
Pau ou acha que se mantén ardendo por un lado, con chama ou sen ela, ou que está xa apagado e ennegrecido totalmente ou só por un extremo. É costume tradicional finalizar o ano deixando que se consuma o lume da lareira, para varrela e acender despois ESTE.
Comeza por  
J
Abreviatura de júnior.
Contén  
K
Apelido dun famoso escritor inglés que escribiu UN CONTO DE NADAL
Comeza por  
L
Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota.
Comeza por  
M
denominación popular da misa católica que se celebra xeralmente antes da medianoite da Noiteboa, en conmemoración do nacemento de Xesús de Nazaret.
Contén  
N
Substancia negra, sólida e combustible, constituída por vexetais fósiles ou que resulta de queimar madeira de modo incompleto.
Contén  
O
Ser espiritual que, segundo a Biblia e o Corán, é mensaxeiro entre Deus e os homes.
Contén  
P
Figura mítica, similar a Papá Noel, dun carboeiro que baixa nas noites do 24 e 31 de decembro a tocar o ventre dos nenos para comprobar se comeron ben todo o ano. Adoita tamén regalarlles castañas.
Comeza por  
Q
Xogo que consiste en combinar certo número de pezas ata formar unha figura.
Contén  
R
Tira de tecido con flores e follas, en forma de onda ou de coroa, que se usa de adorno.
Comeza por  
S
Completa o refrán: no mes de Nadal, a carón da lareira vaite ........
Contén  
T
Festividade que se conmemora o 31 de decembro
Contén  
U
En singular, seica as de Vigo teñen unha capacidade lumínica superior ás de Nova York
Contén  
V
Árbore silvestre da familia das aquifoláceas, de follas brillantes elípticas ou ovais, duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella e madeira de cor clara, dura e compacta
Comeza por  
W
En inglés, inverno.
Contén  
X
Canción popular de tema relixioso, que se canta polo Nadal.
Comeza por  
Y
[Estilo musical] de moda na década dos sesenta.
Comeza por  
Z
Carro baixo de catro rodas pequenas usado para transportar pesos grandes.