1
Pandeiro pequeno e redondo con ferreñas, que se toca movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra.
2
Instrumento musical popular formado por dúas pezas de madeira, cóncavas por un lado e convexas por outro, de perfil arredondado e cunha parte saínte onde levan uns cordóns cos que se suxeitan á man, que se toca batendo repetidamente as dúas pezas.
3
Grupo de músicos que se reúnen para tocar
4
Instrumento musical de corda con teclado, que funciona mediante unha manivela que fai xirar un disco de madeira impregnado en resina que ao fretar as cordas produce o son.
5
Pau delgado que serve para tocar instrumentos de percusión
6
Estudos para aprender a ler textos musicais.
7
Vara coa que marca o compás o director de orquestra
8
Instrumento musical de vento que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire. ao premer o fol entre o brazo e o costado.
9
Instrumento musical de forma triangular, con cordas colocadas de modo vertical, que se tocan cos dedos das dúas mans.