Créer jeu
Jouer Test
1. 
Por que vemos tan grande ao Sol?
A.
Porque é a estrela máis grande do Universo.
B.
Porque é a estrela máis próxima a nós.
C.
Porque está no ceo.
D.
Ninunha das resposta é a correcta.
2. 
Que son os planetas?
A.
Son corpos celestes que xiran ao redor dunha estrela e non teñen luz propia.
B.
Son corpos celestes que xiran ao redor dun satélite e non teñen luz propia.
C.
Son corpos celestes que xiran ao redor dun asteroide e teñen luz propia.
D.
Ninunha das resposta é a correcta.
3. 
Como se chama o percorrido que fan os planetas ao redor do Sol?
A.
Órbita
B.
Movemento de traslación
C.
Movemento de rotación
D.
Eclipse
4. 
Cal é o planeta máis achegado ao Sol?
A.
Mercurio
B.
Venus
C.
Terra
D.
Marte
5. 
Cal é o planeta máis afastado do Sol?
A.
Neptuno
B.
Urano
C.
Xúpiter
D.
Saturno
6. 
Como se chama o movemento dos planetas ao redor do Sol?
A.
Rotación
B.
Traslación
C.
Órbita
D.
Elipse
7. 
Como se chama o movemento que fan os planetas sobre si mesmos?
A.
Rotación
B.
Traslación
C.
Órbita
D.
Elipse
8. 
Cales son os movementos da Lúa? Podes marcar varias respostas
A.
Xira ao redor da Terra
B.
Xira sobre si mesma
C.
Xira xunto coa Terra ao redor do Sol
D.
Xira ao redor de Venus
9. 
Cantos planetas hai no noso Sistema Solar?
A.
3
B.
7
C.
8
D.
9
10. 
Que condicións temos na Terra para que poida haber vida? Debes marcar respostas
A.
Enerxía que nos chega do Sol en forma de luz e calor.
B.
Atmosfera que protexe e regula a temperatura
C.
Auga líquida que se atopa na superficie
D.
Rochas e minerais
11. 
Canto dura aproximadamente cada fase da Lúa?
A.
28 días
B.
8 días
C.
7 días
D.
5 días
12. 
Parte da Lúa empeza a escurecer pola dereita. Desde a Terra vese en forma de C
A.
Lúa Nova
B.
Cuarto Crecente
C.
Lúa Chea
D.
Cuarto Minguante
13. 
Parte da Lúa empeza a iluminarse pola dereita. Desde a Terra vese en forma de D
A.
Lúa Nova
B.
Cuarto Crecente
C.
Lúa Chea
D.
Cuarto Minguante
14. 
Cando a Lúa non está iluminada e por iso non a podemos ver,?
A.
Lúa Nova
B.
Cuarto Crecente
C.
Lúa Chea
D.
Cuarto Minguante
15. 
Toda a cara da Lúa está iluminada...
A.
Lúa Nova
B.
Cuarto Crecente
C.
Lúa Chea
D.
Cuarto Minguante
16. 
Hoxe é día 4 de novembro, en que estación estamos?
A.
Primavera
B.
Verán
C.
Outono
D.
Inverno
17. 
Hoxe é día 19 de febreiro, en que estación estamos?
A.
Primavera
B.
Verán
C.
Outono
D.
Inverno
18. 
Que é o Sol?
A.
Unha estrela
B.
Un planeta
C.
Un satélite
D.
Un asteroide
19. 
Que son os anos bisestos?
A.
Son os anos pares
B.
Son os anos impares
C.
Son os anos que teñen un día máis, 366 días
D.
Son os anos que teñen un día menos, 364 días
20. 
Cada cantos anos hai un ano bisesto?
A.
Cada 2
B.
Cada 5
C.
Cada 4
D.
Todos os anos son bisestos
21. 
A que da lugar o movemento de rotación da Terra?
A.
Ás estacións
B.
O día e a noite
C.
As mareas
D.
Os terremotos
22. 
A que da lugar o movemento de traslación da Terra?
A.
Ás estacións
B.
O día e a noite
C.
As mareas
D.
Os terremotos