Connectez-vous
Créer jeu
Types de jeux
Centre d'aide
Game Pin
News
Premium
Créer jeu
Connectez-vous
Tous les jeux
Jouer Mots Roulette
Imprimer Mots Roulette
FLORA E FAUNA DE VIGO
Autor :
CEIP VIRXE DO ROCIO
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por
A
Árbore que crece na beira dos ríos e zonas lamacentas.
Comeza por
B
Parque situado no barrio de Coia, no que atopamos unha parte con xardíns e outra máis salvaxe, cun pequeno pantano.
Comeza por
C
Parque onde se asentaron os primeiros poboadores da cidade de Vigo, situado dentro dos muros da súa fortaleza.
Comeza por
D
Arbusto con forma de dinosauro que se exhibe no centro da cidade de Vigo.
Comeza por
E
As súas follas son vistosas e cun recendo moi característico, por iso son moi usadas en condimentos na cociña.
Comeza por
F
Os parques da nosa cidade énchense delas na primavera.
Comeza por
G
Ave mariña de tamaño medio, ás longas, patas palmadas e plumaxe de cor gris e branca.
Comeza por
H
Planta verde que gabea polos valos, as árbores etc., e que pode acadar os trinta metros de lonxitude.
Contén
I
Árbore de folla perenne en forma de agulla, que ten como froito a piña e como semente o piñón.
Comeza por
L
Río que desemboca nun extremo da praia de Samil.
Comeza por
M
Elevación situada na parroquia de Teis, que conta cunha ermida e vistas da cidade de Vigo, das illas Cíes e da ponte de Rande.
Comeza por
N
Molusco de cuncha alongada, que pola súa forma semella o obxecto do que leva o nome.
Comeza por
O
Árbore símbolo da cidade de Vigo.
Comeza por
P
Ave moi intelixente, de cor branca e negra e longa cola.
Comeza por
Q
Museo situado no parque de Castrelos.
Comeza por
R
Ave semellante a unha pomba, máis pequena e delgada, de cor branco, marrón e negro.
Comeza por
S
Praia de Vigo.
Comeza por
T
Amuleto para a boa sorte se atopas unha de catro follas.
Contén
U
Planta en forma de caña que lles gusta moito os osos panda e podemos atopar no parque de Castrelos.
Comeza por
V
A nosa cidade.
Comeza por
X
Terreo onde se cultivan árbores e plantas.
Contén
Z
Ave co pescozo e o bico longos, que vive preto dos ríos, lagos, lagoas etc., onde se alimenta de peixes, anfibios e plantas acuáticas.