Créer jeu
Jouer Froggy Jumps
1. ¿Cal das seguintes cidades galegas ten máis poboación?
A
Vigo
B
A Coruña
C
Ourense
2. A pirámide de poboación de Galicia pertence ao réxime demográfico
A
Antigo
B
De transición demográfica
C
Moderno
3. ¿En que lugar hai máis inmigración, dos presentados?
A
A Rioxa
B
Madrid
C
Galicia
4. A taxa de fecundidade de Galicia
A
É inferior á taxa de reposición
B
É superior á taxa de reposición
C
É semellante á de Níxer (7,1 fillos por muller)
5. A poboación española concéntrase sobre todo
A
Na España baleira
B
No litoral mediterráneo
C
Nas illas Baleares e Canarias
6. ¿Quen se ocupa de actualizar o Padrón?
A
Cada concello e o INE
B
Cada provincia e o INE
C
Cada comunidade autónoma e o INE
7. Os censos de poboación -en España- realízanse nos anos rematados en:
A
0
B
1
C
2
8. A densidade de poboación en España atópase en torno aos:
A
100 hab./km2
B
500 hab./km2
C
1.000 hab./km2
9. O tipo de pirámide de poboación galega é:
A
Progresiva
B
Regresiva
C
Estable
10. A maior concentración de poboación en Galicia dase:
A
Nas provincias interiores
B
Na Mariña lucense
C
No eixo atlántico
11. ¿Cal das seguintes vilas ou cidades non fai parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal?
A
Tui
B
Braga
C
Viveiro
12. A paisaxe agraria da "dehesa" é característica:
A
Do occidente asturiano
B
Dos Pireneos
C
Das terras de Salamanca e Estremadura
13. O aproveitamento que se fai das "dehesas" non é:
A
Agrícola
B
Silvícola
C
Pesqueiro
14. As superficies baixo plástico son máis abundantes:
A
No litoral galego
B
No Campo de Dalías, en Almería
C
Nas terras de viñedo de Valdepeñas
15. Os cultivos tradicionais de trigo, vide e oliveira pertencen:
A
Ao modelo de horta mediterránea
B
Á triloxía de secaño mediterránea
C
Ao regadío insular
16. ¿Cal das seguintes especies se utiliza para o aproveitamento da industria corchotaponeira?
A
A aciñeira
B
O carballo
C
A sobreira
17. ¿Cal das seguintes especies é máis importante para o aproveitamento pecuario estabulado, en España?
A
O gando porcino
B
O gando ovino
C
As búfalas
18. ¿Onde se practica a agricultura itinerante?
A
En territorios tropicais, con grande cantidade de maquinaria
B
En territorios tropicais, queimando o terreo e traballando a terra a man
C
En territorios tropicais, coa explotación de gando aviar
19. ¿A canta distancia ampliaron os países, xeralmente, as súas augas territoriais de pesca e explotación?
A
1.000 millas
B
200 millas
C
10 millas
20. ¿Como se chama a política pesqueira común da UE?
A
PAC
B
PPC
C
PESC
21. ¿Cal é a política da UE que máis recursos consume?
A
A política enerxética
B
A política silvícola
C
A política agraria común (PAC)
22. ¿Cal das seguintes é a enerxía fósil usada na planta de produción de As Pontes?
A
Petróleo
B
Gas natural
C
Carbón
23. ¿Cal é a rexión máis industrializada das que se presentan?
A
Bretaña
B
Estremadura
C
Lombardía
24. A Tríada inclúe aos países:
A
América do N., Europa Occidental e Xapón
B
O G-20
C
Os BRIC'S
25. O fenómeno da deslocalización industrial, asociado á globalización económica, prodúcese sobre todo cara a...
A
Estados Unidos e Canadá
B
SL asiático
C
África subsahariana
26. ¿Cal das seguintes materias primas non é unha materia prima estratéxica?
A
As terras raras
B
O petróleo
C
O algodón
27. ¿Cal dos seguintes grupos de cidades españolas non ten refinería en todos os casos?
A
Puertollano, Cartaxena e A Coruña
B
Huelva, Cáceres e Zaragoza
C
Huelva, Puertollano e Tarragona
28. ¿De onde provén principalmente o gas natural consumido en España?
A
Exipto
B
Rusia
C
Alxeria
29. ¿En cal das seguintes enerxías ten Galicia máis potencial, actualmente?
A
Solar
B
Eólica
C
Maremotriz
30. ¿Cal é o porto de maior tráfico e importancia mercantil en Europa?
A
Xénova
B
Rotterdam
C
Alxeciras
31. Indica cal das seguintes empresas se dedica á construción naval en Galicia:
A
Inditex
B
Navantia
C
Alcoa
32. ¿Cantos turistas estranxeiros recibíu España no ano anterior á pandemia (2019)?
A
Entre 50 e 70 millóns
B
Máis de 70 millóns
C
Menos de 50 millóns
33. ¿Cal das seguintes non é unha denominación turística en España?
A
Costa Azul
B
Costa Verde
C
Costa Dourada
34. ¿A que cidade galega chega o AVE desde decembro de 2021?
A
Santiago de Compostela
B
Ourense
C
Vigo
35. ¿Cal dos seguintes aeroportos non é insular?
A
Los Rodeos
B
Avilés
C
Palma de Mallorca
36. ¿Que marea negra afectou a Galicia en 2002?
A
A do Amoco Cadiz
B
A do Prestige
C
A do Erika
37. ¿Que é a balanza comercial?
A
A diferenza entre o comercio local e o comercio ao por maior
B
A diferenza entre o comercio minorista e o maiorista
C
A diferenza entre exportacións e importacións
38. A empresa Stella Antis dedícase ao sector...
A
Automobilístico
B
Téxtil
C
Enerxético
39. ¿Cantas CCAA hai en España actualmente?
A
17
B
19
C
8
40. ¿Cal das seguintes non é unha cidade autónoma do Estado español?
A
Xibraltar
B
Ceuta
C
Melilla
41. ¿Que país dos seguintes non pertence aos BRICS?
A
República Sudafricana
B
India
C
Corea do S.
42. Os "tigres asiáticos" son países...
A
Subdesenvolvidos do SL asiático
B
Desenvolvidos do espazo insular asiático
C
En desenvolvemento, do SL asiático
43. A "Ruta da Seda" reedita un vello camiño medieval que fora percorrido por:
A
Marco Polo
B
Sandro Botticelli
C
Afonso X o Sabio
44. A OPEP non é
A
Unha organización de países exportadores de cru
B
Unha organización de países exportadores de carbón
C
Un grupo de países que tratan de controlar o prezo do petróleo
45. ¿Cal é a organización encargada de supervisar o uso da enerxía nuclear en Europa?
A
OTAN
B
CECA
C
Euratom
46. No G-7 non está:
A
España
B
Italia
C
Francia
47. ¿Cal destes países non pertence á UE?
A
Letonia
B
Malta
C
Ucraína
48. A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal non é:
A
Un espazo de cobro de aranceis
B
Un espazo de colaboración transfronteiriza
C
Unha rexión da UE
49. ¿Cal das seguintes provincias non fai parte de Castela e León?
A
Soria
B
Cuenca
C
Ávila
50. ¿Cal das seguintes comunidades autónomas non é uniprovincial?
A
Canarias
B
A Rioxa
C
Murcia