Créer jeu
Jouer Froggy Jumps
1. ¿Que é unha meseta?
A
Un espazo plano por enriba dos 600 m.s.n.m., consecuencia da erosión dun terreo de orixe antiga
B
O mesmo ca unha chaira, a nivel do mar.
C
Un espazo montañoso por enriba dos 1.000 m.s.n.m., formado na época alpina.
2. ¿Onde se atopan as rochas máis antigas da Península Ibérica?
A
Na Serra da Capelada
B
Nos Pireneos
C
Nas illas Canarias
3. ¿Cal das seguintes non é unha forma do relevo granítico?
A
Un lapiaz
B
Un tor
C
Unha pedra cabaleira
4. ¿Onde se atopa o cumio de Galicia?
A
Na Serra do Faro
B
En Pena Trevinca
C
En Cabeza de Manzaneda
5. ¿A que época xeolóxica corresponde a formación do macizo galaico?
A
Ao Mesozoico
B
Ao Cuaternario
C
Ao Paleozoico
6. ¿Cal das seguintes áreas non é de orixe volcánica?
A
As illas Canarias
B
A depresión do Ebro
C
A illa de Hawai
7. ¿En que latitudes está a península ibérica?
A
En latitudes altas
B
En latitudes baixas
C
En latitudes medias
8. O meridiano principal que pasa polo L de España é o de..
A
Cáncer
B
Capricornio
C
Greenwich
9. ¿Cantos concellos ten Galicia?
A
113
B
313
C
213
10. Un horst é...
A
Un bloque afundido nunha paisaxe de pregas
B
Un bloque elevado nunha paisaxe fracturada
C
Un bloque afundido nunha paisaxe fracturada
11. En España, os glaciares vivos que se conservan hoxe están instalados...
A
No macizo galaico
B
Nos Pireneos
C
Na Cordilleira Penibética
12. Un inlandsis é...
A
Unha fina capa de xeo flotando sobre o mar
B
Un territorio masivo cuberto de xeo permanente
C
Un bloque de xeo desprendido dun iceberg
13. A Ría de Viveiro é unha...
A
das Rías Baixas
B
ría do golfo Ártabro
C
das Rías Altas
14. As dunas son acumulacións de area. Teñen forma de media lúa nos desertos de area, tamén chamados...
A
Regs
B
Ergs
C
Barxanas
15. O clima de montaña ten como característica...
A
Menos precipitación e máis humidade
B
Menos temperatura a medida que se ascende
C
Máis temperatura a medida que se ascende
16. As frontes frías están xeralmente asociadas, nas nosas latitudes:
A
Á depresión de Islandia
B
Ao anticiclón de Islandia
C
Ás frontes cálidas de Islandia
17. O centro de altas presións que afecta habitualmente á península ibérica é:
A
O anticiclón peninsular
B
O anticiclón de Xénova
C
O anticiclón das Azores
18. ¿En cal destes sitios chove máis anualmente, de media?
A
Vigo
B
A Coruña
C
Almería
19. Os climas mediterráneos litorais, con respecto aos mediterráneos interiores, teñen:
A
Menos oscilación térmica
B
Menos temperatura media
C
Máis oscilación térmica
20. A aridez é un concepto que fai relación á ausencia de humidade. Habitualmente pon en relación:
A
Temperatura e precipitación
B
Altura e precipitación
C
Temperatura e correntes mariñas
21. As choivas torrenciais de verán no Mediterráneo asócianse habitualmente a:
A
Borrascas estacionais
B
Depresións illadas en niveis altos (DANA's)
C
Anticiclóns permanentes
22. O clima típico das illas Canarias é o:
A
Mediterráneo insular
B
Oceánico atlántico
C
Subtropical
23. Os ventos que sopran do NL en Canarias, asociados ao anticiclón das Azores, son os:
A
Alisos
B
Alisios
C
Cierzos
24. A aba orientada cara ao S, na península ibérica, chámase:
A
Avesedo
B
Solleira
C
Barlovento
25. Cita cal das seguintes non é un tipo de nube:
A
Cirro
B
Xesta
C
Cumulonimbo
26. ¿Que río dos seguintes non desemboca no Atlántico?
A
Xallas
B
Douro
C
Turia
27. ¿Que é un meandro?
A
Unha ondulación do río na súa fase erosiva
B
Un terreo cheo de xuncos, á beira do mar
C
Unha ondulación do río na súa fase de sedimentación
28. ¿Cal dos seguintes ríos non é afluinte do Miño?
A
Sil
B
Ulla
C
Tea
29. ¿Cal dos seguintes ríos pertence á vertente cantábrica?
A
Jalón
B
Guadalhorce
C
Nalón
30. ¿Que significa o acrónimo ZEPA?
A
Zona Especial de Protección de Augas
B
Zona Especial de Protección de Aves
C
Zona Esencial de Protección de Arbustos
31. ¿Cal é o parque nacional que temos en Galicia?
A
Parque das Fragas do Eume
B
Parque de Cabeza de Manzaneda
C
Parque das Illas Atlánticas
32. ¿Que forma do relevo é característica dunha zona caliza?
A
Unha torca ou dolina
B
Un badland ou "terra mala"
C
Un maquis
33. ¿Cal das seguintes non é unha vexetación de matogueira?
A
Maquis
B
Piñeiral
C
Garriga
34. ¿En que área da península ibérica medra especialmente a faia?
A
Na área calcárea húmida
B
Na área silícea
C
Na área volcánica
35. ¿Cal dos seguintes lagos é de orixe glaciar?
A
Lago de Sanabria
B
Lago de Banyoles
C
Lagoa de La Janda
36. ¿Cal das seguintes formas non é propia do modelado glaciar?
A
Unha campiña
B
Un circo
C
Un val en artesa
37. O relevo predominante na costa da Morte son:
A
Frechas de area
B
Cantís
C
Praias volcánicas
38. ¿Cal das seguintes especies non é frondosa?
A
Carballo
B
Aciñeira
C
Pradairo
39. Os canóns do Sil teñen como característica:
A
O modelado calcáreo
B
A planitude do terreo
C
A forte pendente
40. A vertente mediterránea caracterízase por:
A
Ríos curtos e caudais irregulares
B
Ríos curtos e caudais sempre abundantes
C
Ríos longos e moi caudalosos
41. A rexión de España con maior risco de desertificación é:
A
O S peninsular
B
O litoral mediterráneo
C
O SL peninsular
42. ¿Cal dos seguintes non é un GEI?
A
Metano
B
Dióxido de carbono
C
Hidróxeno
43. ¿Que tipo de contaminación provoca o alumeado público excesivo?
A
Atmosférica
B
Fluvial
C
Lumínica
44. ¿Que organismo internacional publica os informes anuais sobre cambio climático?
A
O Cumio de Río
B
A COP 26
C
O IPCC
45. ¿Cal dos seguintes non é un elemento de protección natural da paisaxe?
A
PXOU
B
Parque natural
C
ZEPA
46. ¿Que provincia de España non ten predominio de relevo calcáreo?
A
A Coruña
B
Cuenca
C
Cantabria
47. ¿Cal dos seguintes ríos é afluinte do Guadalquivir?
A
Támega
B
Jarama
C
Genil
48. O réxime nival dun río é aquel no que o período de máximo caudal:
A
Coincide coa estiaxe
B
Coincide coa fusión da neve
C
Coincide coa época de máxima precipitación
49. Os parques nacionais non permiten
A
A urbanización do seu territorio
B
A protección das especies vexetais autóctonas
C
A conservación da fauna propia
50. A maior sismicidade en España dase:
A
En Galicia
B
No País Vasco
C
No S. da península, próximo ao estreito de Xibraltar