Créer jeu
Jouer Test
1. 
¿Cales son os principais motivos de viaxe turística dos residentes en España?
A.
Lecer e viaxar para ver a familiares
B.
Lecer e viaxes de traballo
C.
Lecer e viaxes de estudos
2. 
¿Que comunidades autónomas emiten máis turistas dos que reciben?
A.
Madrid, Cataluña, Navarra, País Vasco e Asturias
B.
Madrid, Cataluña, Murcia, Galicia, País Vasco e Asturias
C.
Madrid, Cataluña, Murcia, Navarra, País Vasco e Cantabria
D.
Madrid, Cataluña, Murcia, Navarra, País Vasco e Asturias
3. 
¿Cales son as 2 principais razóns de visita dos turistas estranxeiros a España?
A.
Lecer e visita a familiares
B.
Lecer e estudos
C.
Lecer e traballo ou negocios (incluindo visitas a feiras e congresos)
D.
Visita a familiares e viaxes de estudos
4. 
¿Cal é o tipo de aloxamento elexido polos turistas?
A.
Os turistas estranxeiros elixen preferentemente os hoteis como espazo de aloxamento, mentres os nacionais prefiren outro tipo de aloxamento (apartamentos, campings,...)
B.
Os turistas estranxeiros alóxanse preferentemente en cámpings e os nacionais en hoteis
C.
Os turistas estranxeiros elixen sobre todo hoteis, igual que os nacionais
D.
Ambos tipos de turistas elixen preferentemente apartamentos ou cámpings
5. 
¿En que períodos realizan preferentemente as viaxes turísticas os residentes nacionais?
A.
En verán e vacacións de Nadal
B.
En verán e Entroido
C.
En verán
D.
En vacacións e fins de semana
6. 
¿Cales son as temporadas de máximos picos de turismo en España?
A.
En verán
B.
En verán e nas vacacións de Semana Santa
C.
En verán e Semana Santa no caso dos turistas nacionais; en verán no caso dos turistas estranxeiros
D.
En verán e Semana Santa no caso dos turistas estranxeiros; en verán no caso dos turistas nacionais
7. 
¿Cal é o subsector que dá máis emprego no sector turístico?
A.
Os touroperadores
B.
A hostelería
C.
As axencias de viaxe
D.
O transporte de viaxeiros
8. 
¿De onde procede a meirande parte dos turistas nacionais?
A.
Da comunidade de Madrid, de Cataluña e de Andalucía, por esta orde
B.
Das comunidades mediterráneas
C.
Das comunidades septentrionais
D.
Das comunidades de Cataluña, Madrid e Andalucía, por esta orde
9. 
¿Cal é a Comunidade Autónoma na que hai máis empregados no sector turístico?
A.
Aínda que aumentou en todas as CCAA a ocupación, a de Canarias é na que máis aumentou
B.
Aínda que se reducíu en todas as CCAA a ocupación, a de Canarias é na que máis se reducíu
C.
A comunidade de Cataluña é a que -individualmente- conta con máis ocupados no sector turístico
D.
A comunidade de Baleares é a que -individualmente- conta con máis ocupados no sector turístico
10. 
¿Cales son as comunidades que recibiron máis visitantes nacionais en 2012?
A.
Andalucía, Cataluña e Canarias
B.
Andalucía, Cataluña e Castela-A Mancha
C.
Andalucía, Cataluña e Comunidade Valenciana
D.
Andalucía, Cataluña e Castela-León
11. 
¿En que CCAA ten máis relevancia o emprego turístico sobre o total?
A.
En Cataluña e Madrid
B.
En Canarias e Baleares
C.
En Baleares e Cataluña
D.
En Canarias e Madrid
12. 
¿Como ten evolucionado a aportación da economía turística ao PIB?
A.
O turismo tense comportado como un sector sempre en ascenso en relación coa súa participación no PIB
B.
Despois da crise de 2008, o descenso é paulatino, aínda que se ten aminorado nos últimos anos
C.
A crise financeira internacional de 2007-2008 afectou negativamente á recepción de turistas, se ben nos anos recentes, a recuperación é continua, e acentuada en 2011 pola modificación de destinos de moitas persoas que fuxiron dos destinos da "primavera árabe"
D.
A crise financeira internacional de 2007-2008 afectou negativamente á recepción de turistas, se ben nos anos recentes, a recuperación é continua, e acentuada en 2011 pola modificación de destinos de moitas persoas que fuxiron de destinos como China
13. 
¿A que se destinan os principais gastos do turista en España?
A.
Á hostelería e á compra de bens
B.
Á hostelería e ao transporte
C.
Ao transporte e á hostelería
D.
Á hostelería e ao pago dos paquetes turísticos ás axencias de viaxes
14. 
¿Como é a evolución da balanza de pagos por turismo?
A.
Nas últimas décadas, con superávit, en constante ascenso
B.
Sempre con superávit; aínda que se resentíu da crise de 2008, recuperouse favorablemente, incrementando o saldo positivo nos últimos anos
C.
Sempre con déficit; aínda que se afundíu coa crise de 2008, recuperouse favorablemente, mantendo un saldo neutro nos últimos anos
D.
Sempre con superávit; aínda que se resentíu da crise de 2008 e caeu paulatinamente o saldo desta balanza por turismo
15. 
¿Cal é o método de chegada preferente dos turistas estranxeiros a España?
A.
Increméntase continuamente o maior peso das compañías aéreas tradicionais como sistema de chegada a España dos viaxeiros
B.
Increméntase continuamente o maior peso das compañías aéreas de baixo custe
C.
A meirande parte dos turistas chegan en tren ou en barco
D.
A meirande parte dos turistas chegan en vos internacionais correspondentes a compañías tradicionais
16. 
¿Como é a estrutura do gasto turístico en España?
A.
Aínda que o gasto dos turistas españois no estranxeiro se sigue a incrementar ano a ano, os turistas estranxeiros gastan menos en España desde a crise de 2008
B.
Aínda que o gasto dos turistas españois no estranxeiro diminuíu en 2012 con respecto a 2011, os turistas estranxeiros gastan máis en España desde a crise de 2008, ano a ano
C.
Aínda que o gasto dos turistas españois no estranxeiro diminuíu en 2012 con respecto a 2011, os turistas estranxeiros gastan máis en España en 2012 que en 2008, o que indica unha recuperación despois da crise económica