Icon Créer jeu Créer jeu
Jouer Froggy Jumps
  • 1. ¿En que comunidade das citadas predomina máis a grande propiedade (latifundio)?
    A
    Castela e León
    B
    Comunidade Valenciana
    C
    Andalucía
    2. Un dos grandes problemas da agricultura en Galicia fai referencia á estrutura da propiedade...
    A
    En arrendamento
    B
    Latifundista
    C
    Minifundista
    3. A estrutura da propiedade de Estremadura e Andalucía
    A
    É consecuencia das Desamortizacións do século XIX
    B
    É unha herdanza histórica da Reconquista
    C
    É consecuencia da división xeración tras xeración das explotacións agrarias
    4. As explotacións agrarias intensivas caracterízanse por:
    A
    Febles rendementos e ausencia de barbeito
    B
    Ausencia de barbeito, aplicación de fertilizantes e forte produtividade
    C
    Forte produtividade, barbeito e ausencia de aplicación de plaguicidas
    5. A cerealicultura de secaño é propia...
    A
    De áreas de Galicia con forte concentración parcelaria
    B
    De áreas de campos abertos da submeseta Sur e Baleares
    C
    De áreas de campos abertos da submeseta Norte e Aragón
    6. ¿Cal destes cultivos non é característico da horticultura mediterránea?
    A
    O trigo
    B
    Os tomates
    C
    Os amorodos
    7. A triloxía mediterránea de secaño está composta por:
    A
    Trigo, vide e maceira
    B
    Trigo, oliveira e millo
    C
    Trigo, vide e oliveira
    8. ¿Cal destas paisaxes non é de regadío?
    A
    O cultivo baixo plástico do campo de Dalías (Almería)
    B
    Os cultivos hortofrutícolas da horta murciana
    C
    As vides en socalcos dos Arribes do Douro
    9. ¿Cal destas paisaxes agrarias non é de montaña?
    A
    A ricicultura do delta do Ebro
    B
    A gandería transhumante dos vales asturianos
    C
    A silvicultura do eucalipto na comarca de Ortegal
    10. O hábitat característico da Meseta española é
    A
    O hábitat urbano intercalar
    B
    O hábitat espallado
    C
    O hábitat concentrado
    11. ¿Cal destas afirmacións non é válida para a concentración parcelaria?
    A
    O tamaño das parcelas tende a reducirse
    B
    Redúcese o número de parcelas por propietaria/o
    C
    O tamaño das parcelas tende a incrementarse
    12. ¿Cal é o sistema de tenza predominante hoxe en día en España?
    A
    Arrendamento
    B
    Propiedade
    C
    Parceiría
    13. O bocage é un tipo de paisaxe agraria tradicional...
    A
    Da España volcánica
    B
    Da España calcárea
    C
    Da España oceánica
    14. Os cultivos leñosos plurianuais non inclúen...
    A
    A vide
    B
    O trigo
    C
    A oliveira
    15. ¿Cal destes aproveitamentos é máis característico da España mediterránea?
    A
    O cultivo da vide
    B
    O cultivo do aguacate
    C
    O cultivo da landa
    16. ¿Cal dos seguintes é un cultivo industrial?
    A
    O da remolacha de azucre do S. de Gran Canaria
    B
    O do tabaco dos Pireneos
    C
    O da remolacha de azucre dos regadíos do Esla e Órbigo
    17. ¿Que aproveitamentos ten a "dehesa"?
    A
    Forestal e gandeiro
    B
    Forestal, gandeiro e industrial
    C
    Forestal, agrícola e gandeiro
    18. ¿Cal destas paisaxes non pertence á zona mediterránea continental?
    A
    Os campos de cereais da Submeseta N.
    B
    Os invernadoiros de amorodos de Huelva
    C
    A "dehesa" salmantina
    19. ¿Cal dos seguintes é un exemplo de gandería intensiva?
    A
    As macrogranxas de bovino
    B
    As pequenas explotacións de carne de vacún da montaña cántabra
    C
    A gandería ovina transhumante
    20. ¿Cal das seguintes paisaxes españolas foi potenciada pola CEE no momento de acceso (1986)?
    A
    A gandería láctea do Norte peninsular
    B
    A cerealicultura de secaño de Castela e León
    C
    A horticultura mediterránea
    21. ¿Cal dos seguintes exemplos non é unha paisaxe de regadío?
    A
    O cultivo de vide das Rías Baixas
    B
    O cultivo do millo nas veigas do Guadiana
    C
    O cultivo de tomates baixo plástico de El Ejido
    22. ¿Cal dos seguintes elementos non forma parte da paisaxe rural?
    A
    A silvicultura
    B
    Os bloques de apartamentos periurbanos
    C
    Os polígonos industriais rurais
    23. ¿Que asociación de cultivo e rexión non é característica?
    A
    Trigo - Castela e León
    B
    Cítricos - Comunidade Valenciana
    C
    Plátanos - Andalucía
    24. ¿A que CA pertence a D.O. (denominación de orixe) Valdepeñas?
    A
    Cantabria
    B
    Castela e León
    C
    Castela - A Mancha
    25. ¿En cal das seguintes áreas é máis importante a gandería bovina extensiva?
    A
    Na España mediterránea
    B
    Nas illas Canarias
    C
    Na España húmida e de montaña