John Bull, o burgués do chapeu, representa o poder mundial, nesta época, do Imperio Británico
Numerosas matanzas devastaron Bulgaria despois da rebelión iniciada en 1875, e que só finalizaría coa creación dun principado búlgaro autónomo, tras o Tratado de San Stefano (1878)
Reino Unido, Francia e Piamonte-Cerdeña apoiaron ao Imperio Otomano fronte á dinastía dos Romanov, que pretendía acceder ao Mediterráneo mediante unha guerra xeoestratéxica contra os turcos, desenvolvida esencialmente no entorno do Mar Negro, a guerra de Crimea (1853-1856)
Leopoldo II de Bélxica, "o carniceiro do Congo", enriqueceuse persoalmente coa explotación do caucho na colonia africana, aínda que neses anos disfrazando os seus intereses cun labor filantrópico
Roma, sé dos antigos Estados Pontificios, foi incorporada a Italia en 1870 e convertida en capital do Reino de Italia
A xove Italia, recén unificada, é un reino con contrastes ben significativos entre o Norte rico e o Mezzogiorno que permanece á marxe da industrialización
O Imperio Otomano, despois da derrota contra Rusia na guerra de 1877-1878, entra en decadencia e non pode evitar a inxerencia europea nos seus asuntos
Francia precisa encauzar a súa política durante o período da Terceira República (1870-1914), con actitudes que non esconden un profundo "revanchismo" contra Alemania
Os "junkers" conservadores sosteñen o crecemento industrial dunha Alemania que, baixo Bismarck, tenta illar a Francia da influencia nas relacións intereuropeas
A monarquía bicéfala austrohúngara adquire carta de relevancia en 1867, cando se recoñece o Reino de Hungría como entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco
Dentro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, a "Home Rule" ou estatuto que dotaba de certa autonomía á católica Irlanda, promovía a creación dun Parlamento irlandés dentro do Reino Unido
O Imperio dos Romanov, ancorado no pasado -a pesar do "decreto de emancipación dos servos" de 1861- é temido como un inmenso imperio que máis tarde será representado no imaxinario colectivo europeo como un enorme oso