1
Territorio que ocupan un río principal e os seus afluentes.
2
Son as augas que discorren e están embolsadas baixo a superficie terrestre.
3
Polo xeral son augas doces pero menos do 1% delas é auga apta para o consumo humano.
4
Desprazamentos de grandes masas de auga, que circulan polos océanos con dirección fixa e constante.
5
Tipo de corrente mariña na que a temperatura da corrente é superior á das augas próximas.
6
Terreos moi fértiles nas beiras dos ríos que se formaron cos materiais depositados polo río.
7
Cando a corrente é máis fría cas augas próximas.
8
Son as augas salgadas, compostas polos mares e polos océanos.
9
Esténdese desde o nacemento do río ata os primeiros quilómetros do seu percorrido.
10
Depósito subterráneo de auga.
11
Regato ou río secundario que leva as súas augas a outro maior ou principal.
12
Masa flotante de xeo que é desprazada polo vento e as correntes mariñas.
13
Gran masa de xeo creada pola acumulación de neve durante centos de anos.
14
Curva pronunciada no trazado dun río.
15
Lugar pantanoso ou cheo de lama.
16
Son subidas ebaixadas diarias do nivel do mar.
17
Cantidade de auga que leva un río.
18
Son ondulacións da superficie do mar producidas polo vento.
19
Terreo por onde discorren as augas dun río.
20
Terreo de forma triangular formado pola acumulación dos materiais que transporta o río.
21
Desenvocadura de un río en forma de "v" formada por un ensanchamento do leito.
22
Masa de auga que se acumulou de forma permanente no interior dos continentes, en zonas afundidas do terreo.
23
Corrente permanente de auga, formada pola acumulación da auga da chuvia e do desxeo ou porque as augas subterráneas saen a superficie terrestre.