Créer jeu
Jouer Relier
1. Elementos do liberalismo doutrinario
2. Elementos do liberalismo democrático
3. Elementos do neoliberalismo
4. Crise de 1929
5. Unificación de Italia
6. Pensamento ilustrado
7. Unificación de Alemania
8. Pensamento de Locke
9. Restauración
10. Liberalismo económico

Prodúcese a finais dos "ledos anos 20", período de crecemento económico e de "consumo de masas"

A Enciclopedia puxo, negro sobre branco, o saber racional do século XVIII

Laissez faire, laissez passer

Apoio da burguesía alta e media

Sufraxio censatario

O despotismo ilustrado fixo súas algunhas consignas da Ilustración, adaptando o goberno á razón, mediante a sentencia "todo para o pobo, pero sen o pobo"

O artífice da unificación alemana é o chanceler Bismarck

Víctor Manuel II foi o primeiro rei da Italia unificada, desde 1861

O enfrontamento contra Austria en 1859 leva á anexión de boa parte do Norte

O goberno debe ser representativo

Período de reafirmación do absolutismo que acontece despois do Congreso de Viena (1815)

Apoio da desregulación económica, salarial,...

A Restauración oponse claramente á ideoloxía liberal

A segunda fase ten lugar coa guerra contra Dinamarca, coa anexión dos ducados Schleswig e Holstein

Lévase a cabo en torno ao Reino de Piamonte-Cerdeña, diseñada por Cavour

A axuda de Francia ao proceso queda asegurada no "encontro de Plombières" (1858)

Montesquieu era partidario da separación de poderes e admiraba o sistema parlamentario británico

Adam Smith é o seu principal teórico

De Maistre, contrario á Revolución Francesa de 1789, inspira co seu pensamento "neo-absolutista" este período

Apoio por parte da pequena burguesía

A Constitución, norma de goberno

Ideoloxía promovida polo Consenso de Washington

Sufraxio universal masculino

Aparición deste pensamento na revolución de 1848

Promoción da iniciativa privada por enriba da pública

Predileción pola monarquía constitucional

Voltaire, tamén admirador do parlamentarismo inglés, é o adalide da tolerancia

O poder máis importante é o lexislativo

A constitución de Prusia de 1867 reserva grandes poderes para o káiser

Algunhas ideas de Adam Smith: libre comercio, "man invisible", lei da oferta e da demanda,...

En ascenso continuo desde a etapa presidencial de Reagan e a globalización

Prusia liderará a unificación alemana despois de derrotar a Austria na batalla de Sadowa

Garibaldi, coa súa expedición dos "1000 camisas vermellas", anexiona o reino de Nápoles e Sicilia

Para solucionala, USA puxo en marcha políticas keynesianas

A unificación realízase en varias fases: a primeira é a económica, coa creación do Zollverein

Doutrina económica oposta ao mercantilismo, que se afirma a partir do século XVIII

Doutrina económica que promove a implantación do capitalismo como sistema económico

David Ricardo aporta á teoría económica deste sistema a idea da "vantaxe comparativa"

Roma é anexionada en 1870, e converterase en capital en 1871

En Francia, neste período, o monarca Luis XVIII gobernará mediante o sistema da "Carta outorgada"

Crise económica do capitalismo orixinada pola caída da Bolsa no "xoves negro"

Triunfo nas revolucións de 1830, menor importancia na de 1848

O pensamento económico do século XVIII en Francia está representado pola fisiocracia

O ser humano goza de dereitos naturais: vida, liberdade e propiedade privada

Influirá no pensamento político da Ilustración

Redución do papel do Estado na economía

O mapa de Europa rediseñado en Viena conta cun grupo de "garantes da estabilidade": a Santa Alianza

Rousseau era partidario dunha participación asemblearia dos cidadáns, que expresaban deste xeito a "vontade xeral"

A vitoria do Sedán contra Francia levará á anexión de Alsacia e Lorena e á proclamación do II Reich en Versailles