Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Desexo non razoable e pasaxeiro por unha cousa innecesaria ou extravagante; capricho.
Comeza por  
B
Calidade das persoas que as impulsa a ser boas cos demais e a facer o ben.
Comeza por  
C
Profunda irritación do ánimo producida por algún suceso adverso; rabia.
Comeza por  
D
Pesar causado por un suceso adverso. // Impresión desagradable ou molesta causada por unha persoa ou cousa.
Comeza por  
E
Sentimento de rabia e pena polo ben ou polas cousas alleas que se desexan para si; denteira.
Comeza por  
F
Aprecio esaxerado que alguén ten cara a si mesmo, ás súas calidades ou aos seus intereses.
Comeza por  
G
Que cumpre o que lle mandan ou se deixa guiar facilmente; guieiro; obediente.
Comeza por  
H
Actitude daquel que finxe o que non sente e mantén unha postura falsa cara aos demais e tamén carácter das palabras, xestos e feitos dos que teñen esta actitude.
Comeza por  
I
Facultade de formar na mente imaxes de cousas reais ou irreais, materiais ou abstractas; inventiva.
Comeza por  
L
Estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable. // Aquilo que produce este estado de ánimo ou sentimento. Alegría, dita, felicidade,
Comeza por  
M
Sufrimento moral; aflición, pena, pesar.
Comeza por  
N
Facer unha persoa que [outra] sinta amor por ela. // [Persoa] sentir amor por outra. // [Persoa] sentir atracción ou inclinación por algo ou alguén.
Comeza por  
O
Exceso de estima propia. // Boa opinión que se ten dun mesmo ou das persoas ou cousas propias.
Comeza por  
P
Sensación que unha cousa agradable ou que gusta moito produce no espírito ou nos sentidos; gusto; gozo.
Contén  
Q
[Persoa] que está demasiado atado aos propios intereses e que amosa falta de xenerosidade etc., cara aos demais; ruín.
Comeza por  
R
Que obra ou xulga de maneira severa, sen benevolencia e sen facer excepción; duro, estrito, ríxido, severo
Comeza por  
S
Rir sen facer ruído, facendo un leve movemento cos labios.
Comeza por  
T
Insistir obstinadamente; empeñarse, afincarse, fincarse, obstinarse, persistir, porfiar.
Contén  
U
Falta de determinación do espírito á hora de tomar unha decisión ou de facer unha escolla. // Antónimo: Certeza
Comeza por  
V
Propenso a sentir vergonza; vergonzoso.
Comeza por  
X
Mala vontade ou mala disposición do ánimo en contra de algo ou alguén; animadversión, animosidade, antipatía, aversión, manía, rabia, zuna.
Contén  
Z
Siso, sensatez.