Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
Z
Comeza por  
A
Ser capaces de manter un aro en equilibrio mentres se desprazan.
Comeza por  
B
Para poder practicar este xogo, precísase tamén dunha piola, unha corda que se amarra arredor do enredo que fará posible o baile
Comeza por  
C
Xogo infantil que consiste en saltar por riba dunha corda á que, prendida polos cabos, se lle dá voltas.
Contén  
D
Xogo que consiste en dar cun pau noutro máis pequeno e rematado en punta nos extremos, que está colocado no chan, de xeito que se fai saltar e, xa no aire, dáselle un segundo golpe que o despide a maior distancia.
Contén  
E
Xogo con cinco pedras, que se van lanzando ao aire para coller unhas con outras.
Comeza por  
F
Pedazo de ferro en forma de rosca de pan, con un burato no medio, co que se tira a unha distancia onde está chantado un clavo na terra, que ten descuberta só a cabeza. O obxectivo básico do xogo é conseguir poñerlo dentro da cabeza, ou o máis cerca que se poida.
Comeza por  
G
Colocámonos en círculo, coas mans collidas, agás dúas persoas: unha que persegue e outra que fuxe .
Contén  
H
Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, que está fincada no chan a certa distancia e que ten diversas formas segundo as zonas.
Contén  
I
Xogo que consiste en lanzar bólas a un grupo de paus, postos de pé en varias ringleiras, para derribalos no menor número de tiradas posible.
Comeza por  
L
Unha persoa cómbase, agachando a cabeza e flexionando o tronco; o resto colócase en fila, de fronte a esa persoa.
Comeza por  
M
Xogo infantil que consiste en andar á pata coxa empuxando ao mesmo tempo co pé o peletre, seguindo certas regras, a través dun percorrido establecido formado por un conxunto de casas numeradas, pintadas ou raiadas no chan.
Contén  
N
Cada un dos dous paus longos, cun taco para apoiar os pés, que se empregan para andar sobre terreos húmidos ou para xogar.
Contén  
O
sinónimo dos Birlos.
Comeza por  
P
Coller este tecido e fuxir con el cara á liña de partida, sen que me pillen
Contén  
Q
Xogo moi antigo, parecido ás damas e que ten un tableiro raiado.
Comeza por  
R
Xogo que consiste en lanzar uns pequenos discos desde certa distancia tratando de introducilos pola fendedura que forma a boca da figura dunha ra de ferro sentada ou por outras da mesma medida feitas na mesa onde está pousada a ra.
Comeza por  
S
sinónimo da Mariola
Comeza por  
T
Xogan dúas persoas e bótase a sortes a ver quen comeza. O primeiro movemento é colocar unha peza no punto central e despois alternativamente irán colocando as súas pezas nas marcas que desexen. Trátase de que un xogador consiga situar as tres pezas en liña, ben sexa recta ou diagonal. O primeiro que o consiga será o gañador.
Contén  
U
Sinónimo do tres en raia
Contén  
V
Márcanse na terra varios círculos ou cadrados numerados, as casas, duns 40 cm de diámetro. Establécese a quenda de xogo e o que empece lanzará o cravo para chantalo na casa número 1. Se o consegue, poñerase nesa casa e lanzará á número 2 e así sucesivamente ata chegar á última. Se o cravo non se chanta cedéselle a vez ao seguinte. O que remate pode comezar outra vez, pero lanzando agora á casa número 2.
Comeza por  
Z
Utilizando un botón, haberá que pasar un cordón polos furadiños e atar os dous extremos para que o botón quede preso. Para probar se funciona, débese coller con dous dedos os extremos e darlle unhas voltas ao botón, que comezará a xirar e zoar sen parar.