Connectez-vous
Créer jeu
Types de jeux
Centre d'aide
Game Pin
News
Premium
Créer jeu
Connectez-vous
Tous les jeux
Jouer Froggy Jumps
Imprimer Froggy Jumps
O ser humano. Etapas da vida, funcións vitais e órganos dos sentidos
Autor :
Mª José Sánchez Ruibal
1.
As principais características dos seres humanos que nos distinguen dos demais animais son as seguintes
A
Podemos relacionarnos cos demais y vivir moitos anos.
B
Podemos falar e desprazarnos.
C
Podemos pensar e falar para comunicarnos.
2.
Cales son as etapas da vida do ser humano?
A
Nenez, idade adulta e terceira idade.
B
Infancia, xuventude e vellez.
C
Infancia, adolescencia, xuventude, idade aduta e vellez.
3.
As funcións vitais que caracterizan aos seres vivos son as seguintes:
A
A función da respiración , a función da nutrición e a función da comunicación.
B
A función da nutrición e a función da reprodución.
C
A función de nutrición, a función de reprodución e a función de relación.
4.
Na función de relación interveñen:
A
O cerebro e as extremidades superiores e inferiores.
B
Os órganos dos sentidos, o sistema nervioso e o aparato locomotor.
C
Os órganos dos sentidos e o aparato locomotor.
5.
Cales son os elementos situados na cara que protexen aos ollos?
A
As cellas, as pálpebras, as pestanas e as glándulas lacrimais.
B
As cellas, as pestanas, a cornea e o iris.
C
As cellas, as pálpebras e as pestanas.
6.
Indica cal destas afirmacións sobre o sentido do gusto é verdadeira:
A
As papilas gustativas reciben información que envían, a través dos nervios gustativos, ao cerebro.
B
O ser humano pode detectar catro sabores básicos distintos: amargo, ácido, doce e salgado.
C
Os nervios gustativos detectan os sabores dos alimentos.
7.
Sinala a resposta correcta respecto ao sentido do olfacto:
A
Existen varios milleiros de tipos distintos de receptores olfactivos.
B
A pituitaria é unha zona das fosas nasais onde se atopan os receptores olfactivos.
C
Os orificios nasais son os encargados de recoñecer os distintos olores.
8.
Onde se atopa o sentido do tacto?
A
Nan mans.
B
Nas mans e nos pés.
C
Está repartido por todo o corpo.
9.
Como se chama o médico especialista en tratar os problemas dos oídos, do nariz e da lingua?
A
Pediatra.
B
Dentista.
C
Otorrinolaringólogo.
10.
Son partes do oído:
A
Tímpano, caracol e iris.
B
Tímpano, estribo e pituitaria.
C
Tímpano, caracol, estribo e martelo.