AcentuaciónVersion en ligne

Tedes que estar moi atentas. A ver cantas atinades?

par María do Mar Hermida Pico
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Ao pai da nosa nai chamámoslle...

Comeza por B

Instrumento que utilizamos para escribir e contén una barra con tinta que pode ser de diferentes cores.

Comeza por C

Lugar onde se encerran as persoas presas.

Comeza por D

Ten 24 horas e nomeámolo como luns, martes, mércores...

Comeza por E

Mamífero roedor de rabo moi peludo e longo que salta de árbore en árbore e se alimenta de froitos como as piñas e insectos.

Comeza por F

Contrario de difícil.

Comeza por G

Lugar onde se coidan as crianzas máis pequechas.

Comeza por H

Construción rural de forma rectangular e feita sobre columnas con moitas aberturas que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo.

Comeza por I

Persoa que, respecto doutra, é filla dos mesmos pais ou só do mesmo pai ou da mesma nai.

Comeza por L

Instrumento para escribir ou debuxar que se borra cunha goma.

Comeza por M

Aparello telefónico de pequeno tamaño (para facer chamadas, enviar mensaxes...)

Comeza por N

Concepto matemático que indica unha cantidade.

Comeza por O

Cada unha das pezas duras e ríxidas que forman o esqueleto dos vertebrados.

Comeza por P

Lugar onde se fai ou vende pan.

Contén Q

Deporte practicado sobre a neve onde se utiliza un patín longo en cada pé.

Comeza por R

Muller que ten o poder real ou é esposa do rei.

Comeza por S

Insecto de cor verde que está dotado dunhas patas posteriores moi longas, coas que dá grandes saltos

Comeza por T

Peza coa que se tapan as bocas das botellas.

Comeza por U

Contrario do primeiro.

Comeza por V

Cada unha das unidades dun tren que poden transportar persoas ou obxectos.

Contén X

Viaxe breve que se fai para coñecer ou visitar algún sitio.

Comeza por Z

Lugar onde se fabrican, amañan ou venden zapatos.