Coñecendo a F. Fdz. del Riego Version en ligne

Achegarse á figura homenaxeada no 2023 co Día das Letras Galegas. EDLG e club de lectura do IES MURALLA ROMANA

par LECTURAS E ANDANZAS
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Pseudónimo que emprega nas colaboracións xornalísticas e que utiizamos para designar a categoría deportiva na que milita un mozo/moza.

Comeza por B

Nome da Fundación que en 1982 lle concede o premio vitalicio na Illa da Toxa.

Comeza por C

Nome da medalla que se lle outorgou en 1985 e leva o nome do galeguista que escribiu Sempre en Galiza.

Comeza por D

Carreira que estudou Fernández del Riego.

Comeza por E

Xénero literario que cultivou o escritor para reflexionar sobre diferentes temas.

Comeza por F

Nome do autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas no 2023.

Comeza por G

Colabora na fundación e foi secretario desta editorial galega nada en 1950.

Comeza por H

Apelido da esposa do autor.

Contén I

Nome do encargado de responderlle o discurso de ingreso na RAG en 1960.

Comeza por L

Substantivo que comeza o título da monografía publicada por Galaxia en 1974.

Comeza por M

Vila luguesa na que estudou no colexio dos Escolapios no curso 1927-1928.

Comeza por N

Vila pontevedresa na que descansan os seus restos mortais.

Contén O

Título da revista na que colabora e ten o nome dunha xeración literaria.

Comeza por P

Nome do cárcere de Pontevedra onde era o único preso político neses momentos.

Contén Q

Nome do colexio vigués no que ensinaba literatura e filosofía cando estaba inhabilitado para a docencia.

Comeza por R

Nome da autora que comeza, grazas ao labor deste autor, a celebración do Día das Letras Galegas en 1963.

Comeza por S

Apelido dun dos seus pseudónimos que coincide co protagonista de Arredor de si.

Comeza por T

Apelido do intelectual que o anima a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.

Comeza por U

Publicación na que colabora antes da Guerra Civil.

Comeza por V

Semanario mindoniense no que publica traballos cando era mozo.

Comeza por X

Nome do avó materno do autor.

Contén Z

Primeiro apelido do autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2023.