Para coñecer máis sobre o autor das Letras Galegas 2022
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Z
Comeza por
A
Profesión de Florencio (aínda que só exerceu como pasante nos primeiros anos). Cursou a carreira na Universidade de Valladolid.
Comeza por
B
Primeiro libro que publica (1934)
Comeza por
C
Lugar de nacemento (en 1903), pertencente ao concello de Vilamartín de Valdeorras.
Comeza por
D
Dispersión que se ve obrigado a facer, unha vez que estala a Guerra Civil, polo seu pensamento galeguista.
Comeza por
E
Temática habitual na súa obra e que sufriron moitos galegos ao longo dos séculos.
Comeza por
F
Nome propio do autor homenaxeado ( e que era tamén o nome do seu pai)
Comeza por
G
Pacto entre galegos, vascos e cataláns que pretendía establecer un estado federal en España, unha vez desaparecido o franquismo, a prol do que traballou o noso autor.
Comeza por
H
Mostra de admiración e respecto que a Real Academia Galega mostra a cada persoeiro ao que se lle adica un Día das Letras Galegas.
Comeza por
I
Nome do barco no que parte desde Bordeos en dirección a América ( e que ten o nome dun dos barrios máis luxosos de Río de Xaneiro)
Comeza por
J
Nome do estado mexicano que ten como capital Guadalajara, cidade onde se asentan o autor e a súa familia por motivos de traballo.
Comeza por
L
Florencio segue esta corrente que apoia a unión entre as dúas pólas nas que se dividiu o galego-portugués.
Comeza por
M
País ao que se exilia en 1939.
Comeza por
N
Editorial que publica o seu primeiro libro e que dá nome a unha xeración literaria do primeiro terzo do S.XX.
Comeza por
O
Primeiro apelido dun autor da Xeración Nós ao que coñeceu por mor das súas actividades dentro do Partido Galeguista.
Comeza por
P
Xénero literario onde se enmarca toda a súa produción literaria.
Comeza por
Q
Sociedade farmacéutica para a que comeza a traballar en 1949 e ata a súa xubilación.
Comeza por
R
Sistema de goberno democrático que defendía.
Comeza por
S
Nome da revista galega que se publicou en México entre 1942 e 1953 e que el contribuíu a editar.
Comeza por
T
Actividade que realiza dentro do ámbito literario e na que versiona ao galego obras de autores como Rimbaud, Valéry ou Whitman.
Contén
U
Segundo apelido do autor.
Comeza por
V
Revista galega, cultural e literaria, creada en México en 1959, de carácter cultural e galeguista e da que foi editor.
Comeza por
W
Poeta estadounidense (considerado o pai do verso libre) que versiona ao galego.
Comeza por
X
Xeración literaria á que pertence e que comparte con Rafael Dieste, Blanco Amor ou Amado Carballo.
Comeza por
Z
Peza de calzado que vendía nun dos numerosos traballos que realizou en México, antes de asentarse nunha empresa farmacéutica ( e grazas ao cal coñecería a súa muller, que traballaba nunha tenda que os vendía)
|