Froggy Jumps

Mulleres tiñan que ser!Version en ligne

Le as pistas e adiviña a cal das tres mulleres fan referencia

par Carmen R P
1

Muller valente, poeta e galega. Dedicou a súa vida e a súa obra á reivindicación das máis débiles e maltratadas pola sociedade : a lingua galega e as mulleres que a falaban

2

Escritora galega que promoveu movementos de liberación da muller. Obtivo moitos premios polos seus poemas. Co seu escrito "En defensa das mulleres" converteuse nunha das voces do feminismo galeguista.

3

Foi a primeira viaxeira galega da historia e a primeira en deixar documentos escritos da súa aventura . No ano 381 cruzou tres continentes, percorrendo masis de 5000 km

4

Inventou un "libro mecánico" que se podía ler en vertical e en horizontal e tiña unha pantalla onde se podía escribir e debuxar,

5

Escritora galega. Escribiu novelas e teatro. Creou unha revista na que defendeu os dereitos das mulleres e a igualdade entre homes e mulleres.

6

Sempre quixo estudiar e vestíase de home para asistir á universidade, onde estudiou dereito . Cando comezou a escribir, tivo que firmar os libros co nome do seu fillo para que llos publicasen.

7

Foi a primeira rapaza de Santiago en xogar nun equipo de fútbol. Despois foi elixida para entrar na selección española e xogar a Eurocopa Sub19 na que España gañou.Está considerada a mellor futbolista española

8

Dende pequena sempre lle gustou cociñar e estudiou hostalaría. Abriu o seu restaurante "A Tafona" e ten gañado varios premios importantes como a Estrela Michelín

9

Traballa no Congo coa primatóloga Jane Goodall onde coidan chimpancés feridos para devolvelos á selva

10

Atleta . Subcampeona do mundo de triple salto e medalla de bronce nos xogos olímpicos de Tokio de 2020

11

É astrofísica na NASA onde traballa no telescopio espacial James Webb, que foi posto en órbita en decembro de 2021 e que ben seguro revolucionará o coñecemento que temos do espazo

12

A historia de superación desta triatleta serve de exemplo fóra das nosas fronteiras. É médica en Santiago e gañou a medalla paralímpica de triatlón nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020

13

Xornalista e presentadora de "Dígocho Eu" programa que conseguiu que o galego teña unha grande visibilidade nas redes sociais dando consellos para que se fale e se coñeza mellor